José Gómez Osorio
José Ramón Gómez Osorio, nado en Vilar (Pousada, Baleira) o 14 de xaneiro de 1882 e finado en Madrid o 24 de febreiro de 1940, foi un político e dirixente socialista galego.
Nome orixinal | (es) José Ramón Gómez Osorio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xaneiro de 1882 Vilar, España |
Morte | 24 de febreiro de 1940 (58 anos) cárcere de Porlier, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
17 de abril de 1938 – 1939 ← Antonio Trigo Mairal (pt) – Luis Alarcón de la Lastra (en) → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | sindicalista, ebanista, político, traballador ferroviario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Sócrates Gómez |
Traxectoria
editarTraballou como ebanista en Madrid. Veu a Vigo como ferroviario da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, fundou o sindicato e en 1916 presidiu o Sindicato Metalúrxico de Vigo. Foi secretario do Sindicato de Ferroviarios da UGT de Galicia. Despois da folga xeral de 1917 pasou a Portugal. En 1918 foi vivir a Cangas e en 1919 foi secretario da Alianza Mariñeira. En 1919 e 1920 foi candidato a deputado a Cortes polo PSOE. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi representante de Galicia no pleno do PSOE (1924) e foi xulgado por inxurias ao exército e condenado no sanatorio de Taboada onde coincidiu con Julián Besteiro en 1927. En 1928 regresou a Vigo.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi concelleiro en Salamanca. Foi preso en 1934 por protestar contra a destitución do alcalde de Vigo. Gómez Osorio pertencía á corrente besteirista do socialismo.[1] Durante a Guerra Civil Española foi gobernador civil de Madrid dende o 17 de abril de 1938[2] e último presidente da Comisión Executiva Nacional do PSOE no interior (elixida poucos días antes do final da Guerra, o 20 e 21 de marzo de 1939, coa pretensión de converterse na dirección do partido no exilio; a subseguinte represión franquista acabou con case a metade dela).[3]
Durante o golpe de Estado do coronel Casado foi apresado por tropas do PCE en El Pardo no seu intento de afogar o golpe, sendo liberado logo da capitulación comunista.[4] Ao rematar a guerra foi detido polas tropas franquistas no porto de Alacant, internado no campo de Albatera e levado posteriormente á prisión de Porlier. O 24 de febreiro de 1940 foi fusilado xunto a Ricardo Zabalza, secretario xeral da Federación de Trabajadores de la Tierra de la UGT, o avogado e concelleiro de Madrid José Serrano Batanero e un mozo anarquista.[5]
Vida persoal
editarCasou con Elvira Pérez e tivo dous fillos, Bienvenido e Sócrates. Este último, promotor durante a Guerra da nova federación socialista xuvenil, non relacionada coas JSU, permaneceu encarcerado ata 1945, na mesma cadea que o seu pai[5], e posteriormente colaborou na reconstrución do PSOE na clandestinidade.
Notas
editar- ↑ (Graham, 301)
- ↑ Gaceta de la República: Decreto nombrando para el cargo de Gobernador Civil de la Provincia de Madrid a D. José Gómez Osorio.
- ↑ (Graham, 300)
- ↑ (Graham, 298)
- ↑ 5,0 5,1 Fusilamento de Gómez Osorio
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Graham, Helen Eve (2005). El PSOE en la guerra civil. Poder, crisis y derrota (1936-1939). Barcelona: Debate. ISBN 84-8306-609-2.