José García Vázquez
Para o artigo sobre o publicista do mesmo nome, véxase Pepe Garalva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 A Coruña, España |
Morte | 9 de outubro de 1937 (35/36 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | obreiro |
José García Vázquez, nado na Coruña en 1901 e finado na mesma cidade o 9 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
editarGarcía Vázquez era traballador na fábrica de tabacos e membro da Unión Tabacaleira da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Participou no intento de fuxida do Portiño o 3 de marzo de 1937, foi detido o 8 de marzo.[1][2][3] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,[4] foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 9 de outubro con Salvador Domingo Lliso, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.[5][6]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra. 2009. ISBN 978-84-8341-306-7.
- Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.
Ligazóns externas
editar- "«Ao meu pai matárono por roxo»". La Voz de Galicia. 12 de abril de 2008.