José Benito Amado Boullosa
José Benito Amado Boullosa, nado en Marín o 19 de marzo de 1822 e finado en Pontevedra o 30 de marzo de 1886,[1] foi un mariño, político e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1822 Marín, España |
Morte | 30 de marzo de 1886 (64 anos) Pontevedra, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
Senador de España | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, mariño, escritor |
Traxectoria
editarProcedente dunha familia de navieiros galegos, fixo estudos marítimos aínda que abandonou a profesión para se dedicar á política. Foi un activo xornalista, colaborou en La Distracción, e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. Foi elixido deputado por Pontevedra en 1854. En 1868 foi nomeado gobernador civil de Ourense e posteriormente de Pontevedra. Foi senador pola provincia de Pontevedra (1871-1872 e 1872-1873). Participou nos primeiros xogos florais de Galicia co poema "El canto de la negra", recollido no Álbum de la Caridad, que foi moi popular. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez. Unha súa irmá, Serafina, casou co tamén escritor Xoán Manuel Pintos.
Obras
editarEn castelán
editar- Misterios de Pontevedra, 1845.
- Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional, 1859.
- Charino o la conquista de Sevilla.
- El castillo de los Chuchurraos.
- Los Nodales.
- María o la Virgen del Valle.
- Elvira, Alfonso y Laura.
En galego
editarÉ autor de dúas composicións: "Saudades", publicado en O Tio Marcos d'a Portela (1876), e “A romería” (1882).
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 3-4-1886, p. 3.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Benito Amado Boullosa |
Bibliografía
editar- "Amado Boullosa, Xosé Bieito". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 88. ISBN 84-7680-429-6.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 29.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega I. Editorial Galaxia. p. 51. ISBN 84-8288-019-5.