Jorge Guillén
Jorge Guillén, nado en Valladolid o 18 de xaneiro de 1893 e finado en Málaga o 6 de febreiro de 1984, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jorge Guillén Álvarez 18 de xaneiro de 1893 Valladolid, España |
Morte | 6 de febreiro de 1984 (91 anos) Málaga, España |
Lugar de sepultura | Cementerio de los Ingleses |
Educación | Universidade Central Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, profesor universitario, escritor, crítico literario |
Empregador | Universidade Harvard Wellesley College (pt) Universidade de Sevilla Universidade de Murcia Universidade de París |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Fillos | Claudio Guillén |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гильен Хорхе) Obálky knih, |
Traxectoria
editarEstudou en España, Suíza e Alemaña, doutorouse en letras pola Universidade de Madrid e foi profesor nas Universidades de Murcia e Sevilla e lector na Sorbona e Oxford.
Considerado o discípulo máis directo de Juan Ramón Jiménez, pola súa inclinación á poesía pura. Publicou a súa primeira colección de poemas en 1928, Cántico (edición definitiva 1950).
En 1938 por mor da guerra civil española exiliouse e viviu en Colombia, México, Porto Rico e sobre todo nos Estados Unidos. En 1976 recibiu o primeiro Premio Cervantes.
Clamor é unha obra pesimista, observa a miseria, guerra, dor e morte, consta de tres volumes: Maremágnum (1957), Que van a dar en el mar (1960) e A la altura de las circunstancias (1963).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fundación Jorge GuillénArquivado 20 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Portal consagrado a Jorge Guillén (en castelán)