Joey Santiago
Joseph Alberto Santiago, nado en Manila o 11 de xuño de 1965, é un músico estadounidense de orixe filipina. É coñecido sobre todo por ser o guitarrista principal da banda de rock alternativo Pixies. Despois da separación desta en 1993, Santiago produciu bandas sonoras para cine e televisión e formou o grupo The Martinis coa súa muller, Linda Mallari. Tamén colaborou en álbums de Charles Douglas e do seu compañeiro nos Pixies Frank Black.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1965 (59 anos) Manila, Filipinas |
Educación | Universidade de Massachusetts Amherst (pt) Longmeadow High School (en) Wilbraham & Monson Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor |
Período de actividade | 1986 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarLogo de que en 1972 o presidente filipino Ferdinand Marcos declarase a lei marcial no país, a familia mudouse a Yonkers (Nova York). Joey pasou a meirande parte da súa infancia e adolescencia en Massachusetts, onde se matriculou na University of Massachusetts Amherst. Alí coñeceu a Charles Thompson (que posteriormente usaría os nomes de Black Francis e Frank Black), con quen formou a banda de rock alternativo Pixies en 1986.