Jacinto Romualdo López
Jacinto Romualdo López López-Bolaño, nado en Ribadeo o 7 de febreiro de 1808 e finado en Mondoñedo o 30 de xuño de 1895, foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1808 Ribadeo, España |
Morte | 30 de xuño de 1895 (87 anos) Mondoñedo, España |
Alcalde de Mondoñedo | |
1843 – 1844 | |
Datos persoais | |
Educación | Seminario de Mondoñedo |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarTrasladouse moi novo a Mondoñedo e entre 1829 e 1832 cursou estudos teolóxicos no seminario de Mondoñedo. Abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse ao maxisterio, obtendo o título de mestre en 1833. Exerceu a docencia na escola de primeiras letras do Seminario. En 1843 foi designado alcalde de Mondoñedo, deixando o cargo ao ano seguinte.
Publicou Curso elemental de Gramática (1841), e colaborou en El Mensajero, o periódico fundado e dirixido por Pascual Madoz, e no Diccionario geográfico-histórico-estadístico do mesmo Madoz. Escribiu dúas panxoliñas en galego, continuando a tradición de Nadal da escola mindoniense. Tamén escribiu poemas en latín e castelán.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 240. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.