[go: up one dir, main page]

Irmáns Grimm

dúo de irmáns escritores e invesigadores alemáns

Jacob e Wilhelm Grimm foron dous irmáns alemáns, coñecidos polas súas coleccións de contos populares e contos infantís e polos seus traballos de lingüística, en particular os relacionados cos cambios fonéticos na historia das linguas xermánicas. Súa é a denominada Lei de Grimm e seu é o primeiro gran dicionario do alemán estándar: o Deutsches Wörterbuch. Entre os contos máis famosos publicados por eles están os clásicos do xénero como Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, O príncipe ra, Polgariño e Brancaneve e os sete ananiños.

Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de Elisabeth Jerichau-Baumann.

Traxectorias

editar

Jakob Ludwig Karl Grimm e Wilhem Karl Grimm naceron en 1785 e en 1786, respectivamente, en Hanau preto de Frankfurt. Os Grimm foron unha familia composta de nove fillos, oito homes e unha muller. Seu pai era avogado e á súa morte abandonaron a residencia no campo e mudáronse a Kassel, onde asistiron ó Friedrichs Gymnasium en Kassel. Os dous estudarían con posterioridade Dereito, a mesma carreira có seu pai na Universidade de Marburg.

Comezan os seus estudos filolóxicos e lingüísticos cando teñen pouco máis de vinte anos. As súas investigacións culminan na Lei de Grimm e nas edicións de contos populares e de fadas que os farían célebres para a historia. As coleccións de contos foron basicamente un produto sucedáneo que tiña como obxectivo os seus estudos lingüísticos pero aínda así foron os contos os que lles reportarían a maior popularidade no seu tempo. En 1812, os Irmáns Grimm publicaron o primeiro volume con 86 contos. O segundo volume con 70 contos apareceu en 1814. Tal foi o éxito que en 1819 a Universidade de Marburg faríaos doutores honorarios. A recollida de contos comezara entre a xente de Hesse a comezos de 1800.

En 1825 Wilhelm casou con Henriette Dorothea Wild. En 1830 os dous irmáns están en Gótinguen, onde traballan como profesores da universidade. Sete anos máis tarde con outros cinco colegas serán expulsados por protestaren contra a abolición da constitución do estado de Hannover polo rei Ernesto Augusto I. O grupo pasaría a ser coñecido nos estados alemáns como "Os sete de Gótinguen".

Jakob e Wilhelm retornarían a Kassel por pouco tempo pois serían chamados a Berlín polo rei de Prusia. En 1838 comezan a traballar no Deutsches Wörterbuch, o Dicionario Alemán, un dicionario histórico-etimolóxico, de memoria perdurable coma case tódalas obras que se impuxeron. Nos dez anos seguintes, os Grimms dimiten dos seus postos na Universidade de Berlín e dedican as súas vidas á compilación desta magna obra lexicográfica que acabaría tendo 32 volumes. Os Grimms non viviron tempo abondo para poderen ver a edición completa do dicionario.

Wilhelm Grimm morreu o 16 de decembro de 1859 e Jacob Grimm o 20 de setembro de 1863. Están enterrados en St Matthäus Kirchhof Cemetery en Schöneberg, un barrio de Berlín.

 
Tumbas dos Irmáns Grimm no cemiterio de St Matthäus Kirchhof en Schöneberg, Berlín

Os contos en galego

editar

Practicamente todos os contos dos irmáns Grimm foron traducidos ao galego[1].

  1. Nomes en galego dos contos - http://www.xerais.es/libro.php?id=47974 Arquivado 14 de marzo de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar