[go: up one dir, main page]

Lingua islandesa

idioma escandinavo occidental, da familia das linguas xermánicas setentrionais
(Redirección desde «Islandés»)

A lingua islandesa[2] é un idioma escandinavo occidental, da familia das linguas xermánicas setentrionais. A súa orde de constituíntes é S-V-O. É falada por arredor dun cuarto de millón de persoas na illa de Islandia.

Islandés
'íslenska'
Falado en: Islandia
Rexións: Noroeste de Europa
Total de falantes: 300 mil
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Setentrional
   Escandinava occidental
    Islandés
Status oficial
Lingua oficial de: Islandia
Regulado por: Instituto da Lingua Islandesa (Íslensk málstöð)
Códigos de lingua
ISO 639-1: is
ISO 639-2: isl
ISO 639-3: isl
SIL: ICE
Mapa
Status

O islandés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Alfabeto

editar

O alfabeto islandés está formado por 32 letras do alfabeto latino que foi introducido arredor do ano 1000, desprazando ao rúnico. Das 26 letras do mencionado alfabeto son excluídas catro: C, Q, W e Z, pero agréganse 7 vogais con signo diacrítico: Á, É, Í, Ó, Ú, Ý, Ö e 3 letras: Ð/ð, que é unha fricativa dental sonora; Þ/þ, que é unha fricativa dental xorda e o dígrafo Æ/æ que se pronuncia coma o ditongo [ai].

O Z foi derrogado en 1974, sendo substituído polo S (que tiña a mesma pronunciación). A pesar disto, aínda quedan algúns falantes que se resisten a abandonar aquela letra e incluso un dos maiores periódicos islandeses, o Morgunblaðið, sostén esa postura.

Alfabeto islandés
  A / a     Á / á     B / b     D / d     Ð / ð     E / e     É / é     F / f  
  G / g   H / h   I / i   Í / í   J / j   K / k   L / l   M / m
  N / n   O / o   Ó / ó   P / p   R / r   S / s   T / t   U / u
  Ú / ú   V / v   X / x   Y / y   Ý / ý   Þ / þ   Æ / æ   Ö / ö

Fonoloxía e fonética

editar

Partindo da ortografía, unha vogal non se pronuncia igual se está acentuada ou non: non é o mesmo a que á e u tampouco igual ca ú (e igual para e-é, i-i, o-ó ou y-ý). Son especiais as vogais æ e ö. Outros signos propios da escrita islandesa son as consoantes Ð (ð) e Þ (þ), que se retrotraen dos moi antigos tempos do saxón arcaico (Rasmus Rask, o creador do alfabeto islandés, adoptouno dun tratado do século XII): o primeiro soa coma o primeiro fonema inglés de the e o segundo coma thin (o z galego). Ten 32 letras na súa escrita.

Consoantes

editar
Consoantes
  Bilabial Labio-
dental
Dental Alveolar Palatal Velar Glotal
Oclusiva p     t     c k ʔ  
Nasal m     n     ɲ̊ ɲ ŋ̊ ŋ    
Fricativa     f v θ ð s   ç j x ɣ h  
Vibrante Múltiple             r            
Aproximante Lateral               ɣ l lɣ            

Vogais

editar
Monoptongos Anterior Posterior
Pechada i u
Semipechada ɪ • ʏ  
Semiaberta ɛ • œ ɔ
Aberta a

Onde os símbolos aparecen en pares, aquel á dereita do punto representa unha vogal redondeada.

Ditongos O compoñente máis pechado
é anterior
O compoñente máis pechado
é posterior
O compoñente máis aberto é medio ei • øy ou
O compoñente máis aberto é aberto ai au

A cantidade é a duración das vogais, ditongos e sílabas naquelas linguas indoeuropeas caracterizadas como linguas cuantitativas.

En islandés os monotongos e ditongos tónicos son longos nos siguintes casos:

  • En palabras monosílabas cando a vogal vai no final da palabra:
    • [fauː] «recibir»
    • nei [neiː] «non»
    • þú [θuː] «ti»
  • Ante unha soa consoante:
    • fara [ˈfaːra] «ir»
    • hás [hauːs] «rouco»
    • vekja [ˈvɛːca] «espertar»
    • ég [jɛːɣ] «eu»
    • spyr [spɪːr] «pregunto»
  • Ante calquera destes grupos [pr tr kr sr], [pj tj sj], ou [tv kv]. Excepción: se hai un t ante o infixo k, como sucede en notkun e mais en litka. Existen tamén excepcións adicionais coma um e fram, onde a vogal é curta a pesar das regras e en, onde a lonxitude da vogal depende do contexto.)
    • lipra [ˈlɪːpra] «áxil» (acusativo feminino)
    • sætra [ˈsaiːtra] «doce» (xenitivo plural)
    • akra [ˈaːkra] «campos» (acusativo plural)
    • hásra [ˈhauːsra] «rouco» (xenitivo plural)
    • vepja [ˈvɛːpja] «avefría»
    • letja [ˈlɛːtja] «disuadir»
    • Esja [ˈɛːsja] topónimo dunha montaña
    • götva [ˈkœːtva] como aparece en uppgötva: «descubrir»
    • vökva [ˈvœːkva] «regar»

Ante outros grupos consonánticos (incluídos os oclusivos preaspirados [hp ht hk] e consoantes xeminadas, as vogais acentuadas son curtas. As vogais átonas son sempre breves.

  • Karl [kʰartl̥] «Carlos»
  • standa [ˈstanta] «estar de pé»
  • sjálfur [ˈsjaulvʏr] «(un) mesmo»
  • kenna [ˈcʰɛnːa] «ensinar»
  • fínt [fin̥t] «fino» (acusativo neutro de fínn)
  • loft [lɔft] «aire», «ceo»
  • upp [ʏʰp] «arriba»
  • yrði [ˈɪrðɪ] como en nýyrði: «neoloxismo»
  • ætla [ˈaiʰtla] «pretender»
  • laust [løyst] «lixeiramente»

(Nota: en islandés o acento recae sempre na primeira sílaba.)

Gramática

editar

O islandés é unha lingua declinable con catro casos gramaticais: nominativo, acusativo, dativo e xenitivo. Os substantivos islandeses poden ter un dos tres xéneros gramaticais, masculino, feminino ou neutro. Os substantivos, adxectivos e pronomes son declinables en catro casos e dous números, singular e plural.

Morfoloxía

editar

A morfoloxía islandesa conserva gran parte da estrutura do xermánico antigo. Os substantivos declínanse por caso, número e xénero, os adxectivos por caso, número, xénero e comparación, hɑi soamente dúas declinacións para os adxectivos, débil e forte. O islandés posúe só o artigo definido, o cal pode ir só ou pegado ao substantivo. Os verbos conxúganse segundo tempo, modo, persoa, número e voz. Existen tres voces: activa, pasiva e medial, non obstante pode debaterse se a voz medial é unha voz ou simplemente é unha clase independente de verbos. Hai dous tempos, pasado e presente; para elaboralos hai certo número de construcións auxiliares.

Os substantivos

editar

(Véxase tamén nomes débiles).

Os substantivos islandeses son similares ao nórdico antigo, tanto na forma coma na inflexión. Declínanse nos catro casos antes mencionados, e varían en xénero e número. Hai dúas declinacións principais para cada xénero: substantivos fortes e febles. Existen numerosas declinacións diferentes. Aquí un exemplo das declinacións "regulares" nos tres xéneros.

Glas = vaso, gler= cristal. Etimoloxicamente son a mesma palabra, pero glas é un préstamo e gler é nativa. O (j) na declinación de gler quere dicir que o j é unha intrusión tardía.

número caso masculino feminino neutro neutro
singular nom. hattur borg glas gler
ac. hatt borg glas gler
dat. hatti borg glasi gleri
xen. hatts borgar glass glers
plural nom. hattar borgir glös gler
ac. hatta borgir glös gler
dat. höttum borgum glösum gler(j)um
xen. hatta borga glasa gler(j)a

O xénero dun substantivo pode ás veces ser recoñecido observando a terminación:

  • Substantivos masculinos—normalmente rematan en -ur, -i, -ll ou -nn
  • Substantivos femininos—ídem -a, -ing ou -un
  • Substantivos neutros—se a última letra da palabra ten un acento agudo (´), entón é xeralmente neutro.

Existen algúns substantivos, tal como leikfimi (ximnasia) que non son declinables.

Os artigos

editar

O islandés non ten un artigo indefinido (un/unha, o a/an inglés), e o artigo definido (o/a, o the inglés ou der/die/das alemán) únese ao final da palabra en cuestión. A seguinte táboa mostra as formas habituais de sufixación do artigo definido:

Sen artigo Artigo definido
masculino feminino neutro masculino feminino neutro
sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu. sing. plu.
-ur -ar -0 -ir -0 -0 -urinn -arnir -0in -irnar -0ið -0in
-i -inn
-ll -a -ur -llinn -an -urnar
-nn -nninn

O exemplo de abaixo amosa tres substantivos, un para cada xénero, declinado en nominativo:

  • masculino: hvalur—“(unha) balea” convértese en hvalurinn—“a balea”
  • feminino: klukka—“(un) reloxo” convértese en klukkan—“o reloxo”
  • neutro: heimilisfang—“(un) enderezo” convértese en heimilisfang—“o enderezo”

Pronomes

editar
Persoais
editar

Os pronomes persoais en islandés son como seguen:

caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
singular nom. ég þú hann hún það
ac. mig þig hann hana það
dat. mér þér honum henni því
xen. mín þín hans hennar þess
plural nom. við þið þeir þær þau
ac. okkur ykkur þá þær þau
dat. okkur ykkur þeim
xen. okkar ykkar þeirra

A terceira persoa do plural ten igualmente os tres xéneros. Ao referirse a un grupo de persoas no que se achan homes e mulleres úsase a forma neutra. Coma en inglés, o pronome normalmente vai antes que o verbo:

Ég heiti Magnús — Chámome Magnús A orde da frase pode ser invertida. Neste caso, coma en todas as linguas xermánicas (agás o inglés moderno), o verbo ten que ocupar obrigatoriamente o segundo lugar:

Magnús heiti ég — "Magnús me chamo" (Chámome Magnús)

Como se ve, un cambio de orde coma este fai que a frase non teña moito senso, isto débese á perda da declinación, se o galego conservase a súa declinación de orixe latina, poderíamos facer este tipo de construcións.

Posesivos
editar

Os pronomes posesivos para un só posuídor son:

caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
singular nom. minn mín mitt þinn þín þitt sinn sín sitt
ac. minn mína mitt þinn þína þitt sinn sína sitt
dat. mínum minni mínu þínum þinni þínu sínum sinni sínu
xen. míns minnar míns þíns þinnar þíns síns sinnar síns
plural nom. mínir mínar mín þínir þínar þín sínir sínar sín
ac. mína mínar mín þína þínar þín sína sínar sín
dat. mínum þínum sínum
xen. minna þinna sinna

As tres columnas para cada persoa representan masculino, feminino e neutro respectivamente. Minn quere dicir meu, þinn quere dicir teu e sinn quere dicir seu.

Demostrativos
editar

Os demostrativos son como seguen:

caso 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
singular nom. þessi þessi þetta það hinn hin hitt
ac. þennan þessa þetta þann þá það hinn hina hitt
dat. þessum þessari þessu þeim þeirri því hinum hinni hinu
xen. þessa þessarar þessa þess þeirrar þess hins hinnar hins
plural nom. þessir þessar þessi þeir þær þau hinir hinar hin
ac. þessa þessar þessi þá þær þau hina hinar hin
dat. þessum þeim hinum
xen. þessara þeirra hinna

As tres columnas para cada persoa representan masculino, feminino e neutro respectivamente. Þessi e raramente corresponde ao este/ese e hinn quere dicir o outro entre os dous.

Indefinidos
editar

Hai arredor de quince ou vinte. A continuación amosamos o paradigma de enginn (ninguén) que é declinado da seguinte maneira:

ninguén caso Masculino Feminino Neutro
singular nom. enginn (engi) engin (engi) ekkert (ekki)
ac. engan (öng(v)an) enga (öng(v)a) ekkert (ekki)
dat. engum (öng(v)um) engri (öngri) engu (öng(v)u)
xen. einskis (einkis) engrar (öngrar) einskis (einkis)
plural nom. engir (öng(v)ir) engar (öng(v)ar) engin (engi)
ac. enga (öng(v)a) engar (öng(v)ar) engin (engi)
dat. engum (öng(v)um)
xen. engra (öngra)

Este é probablemente o pronome máis destacado do islandés. As formas en parentese son dialectais ou formas arcaicas, que só se usan na poesía. Existe unha forma aínda máis arcaica einugi, que é o dativo singular do neutro. Consérvase no refrán:

Fátt er svo illt, að einugi dugi, raramente se traduce coma:
Poucas cousas son tan malas que nada axuda.
Reflexivos
editar

O islandés posúe un pronome reflexivo, que funcionan dunha maneira parecida ó alemán sich. O caso nominativo non existe.

caso pronome
ac. sig
dat. sér
xen. sín

Por exemplo,

hann þvær sér(El) lávase de seu,

como oposición a que o laven,

hún klæðir sig(Ela) vístese de seu,

como oposición a que a vistan. O pronome non distingue xénero ou número.

Numerais
editar

Os numerais do 1 ao 4 declínanse:

un, unha masculino feminino neutro
nominativo einn ein eitt
acusativo einn eina eitt
dativo einum einni einu
xenitivo eins einnar eins
dous, dúas masculino feminino neutro
nominativo tveir tvær tvö
acusativo tvo tvær tvö
dativo tveimur
xenitivo tveggja
tres masculino feminino neutro
nominativo þrír þrjár þrjú
acusativo þrjá þrjár þrjú
dativo þremur
xenitivo þriggja
catro masculine feminine neuter
nominativo fjórir fjórar fjögur
acusativo fjóra fjórar fjögur
dativo fjórum
xenitivo fjögurra

O resto dos numerais son coma seguen, e non se declinan menos aqueles que son realmente substantivos:

5 fimm 19 nítján
6 sex 20 tuttugu
7 sjö 21 tuttugu og einn
8 átta 30 þrjátíu
9 níu 40 fjörutíu
10 tíu 50 fimmtíu
11 ellefu 60 sextíu
12 tólf 70 sjötíu
13 þrettán 80 áttatíu
14 fjórtán 90 níutíu
15 fimmtán 100 (eitt) hundrað
16 sextán 1.000 (eitt) þúsund
17 sautján 1 000 000 (ein) milljón
18 átján 0 núll

A palabra hundrað é en realidade un nome neutro, þúsund pode ser tanto feminino coma neutro e os múltiplos de mil máis altos son masculinos opu femininos, de acordo coa súa terminación, p.ex. milljón é feminino, milljarður é masculino etc. Núll é neutro.

Adxectivos

editar

Os adxectivos deben concordar co xénero e co número dos substantivos que describen. Por exemplo, a palabra íslenskur (Islandés) concorda como segue:

Icelandic (forte) caso Masculino Feminino Neutro
singular nom. íslenskur íslensk íslenskt
ac. íslenskan íslenska íslenskt
dat. íslenskum íslenskri íslensku
xen. íslensks íslenskrar íslensks
plural nom. íslenskir íslenskar íslensk
ac. íslenska íslenskar íslensk
dat. íslenskum
xen. íslenskra

En declinación forte, por exemplo:

Ég bý með íslenskri konuEu vivo cunha muller islandesa

Tanto íslenskri coma konu son dativo singular. Neste caso é a preposición með a que goberna o caso. (Með pode referirse tamén ao acusativo, distinguíndose os casos pola sintaxe.) Este é un exemplo de declinación forte de adxectivos. Se un artigo modifica a un adxectivo, ou calquera outro pronome, úsase a declinación feble, para esta palabra sería íslenskur:

Icelandic (feble) caso Masculino Feminino Neutro
singular nom. íslenski íslenska íslenska
ac., dat., xen. íslenska íslensku íslenska
plural All casos íslensku

Un exemplo de declinación feble:

Ég sá veiku konunaEu vin a muller enferma

Veiku é a declinación feble de veikur (enferma) no acusativo singular. Konuna tamén é acusativo singular, pero co artigo definido adxunto (-na), obrigando ao adxectivo a ser feble. Neste exemplo, o verbo goberna o caso.

Aquí existen, polo menos, moitas menos formas que aprender, tres en total, aínda que cómpre saber como se distribúen.

Verbos

editar

Como en moitos dos idiomas con declinacións, os verbos en islandés determinan (ou gobernan) os casos dos substantivos, pronomes e adxectivos posteriores na oración. Por exemplo:

  • Safna ('aforrar ou acumular') goberna o dativo.
Ég er að safna peningum til þess að geta keypt jólagjöf handa mömmu.
Estou a aforrar cartos para ser quen de lle comprar un agasallo de Nadal á mamá (Peningum é o dativo plural de peningur (moeda, carto))
  • Sakna ('botar de menos') goberna o xenitivo.
Ég sakna þín
Bótote de menos

O infinitivo da maioría dos verbos islandeses acaban en -a. As excepcións son uns poucos verbos a cabados en , como slá (‘bater’), flá (‘esfolar’) e outros, os auxiliares munu e skulu, þvo (lavar), orixinalmente þvá, e o empréstito do danés ske (suceder), mal visto polos puristas. Os dous auxilares son importantes, debido a que se usan en moitos lugares para maquillar a pobreza dos tempos simples. Þvo é, loxicamente, moi común, pero ske xeralmente evítase. Existen tres grupos principais de verbos febles en islandés: -ar, -ir, e -ur, referidos ás terminacións que presentan cando se conxugan en terceira persoa do singular do presente de indicativo. Os verbos fortes e mais os irregulares (auxiliares, ri-verbs e valda) son unha cuestión á parte. Tomando o infinitivo tala (‘falar’), por exemplo:

Número Singular Plural
Persoa ég
eu
þú
ti
hann/hún/það
el/ela/(iso)
við
nós
þið
vós
þeir/þær/þau
eles/elas
tala
Falar
tala
falo
talar
falas
talar
fala
tölum
falamos
talið
falades
tala
falan

Compárese co verbo vera (‘Ser, estar’), verbo forte, e altamente irregular pero útil para a comparación:

vera
ser, estar
er
son, estou
ert
es, estás
er
é, está
erum
somos, estamos
eruð
sodes, estades
eru
son, están

Læra (‘aprender’) é un verbo -i:

læra
aprender
læri
aprendo
lærir
aprendes
lærir
aprende
lærum
aprendemos
lærið
aprendedes
læra
aprenden

E finalmente velja (‘escoller'), que é un verbo -ur:

velja
escoller
vel
escollo
velur
escolles
velur
escolle
veljum
escollemos
veljið
escolledes
velja
escollen

Repárese en como para cada grupo de verbos, as conxugacións no singular cambian, mais no plural as terminacións son case sempre predecibles (-um, -ið e -a, respectivamente). Na maioría dos casos en islandés, os patróns de conxugación pódense aprender doadamente, xa que permanecen regulares en moitos verbos. Porén, cómpre advertir que non se pode determinar como conxugar un verbo simplemente a partir do seu infinitivo, de xeito que un problema da aprendizaxe do islandés é saber a que grupo pertence o verbo. Os verbos fortes encádranse en seis grupos incrementados por duplicacións, cada un deles coas súas propias peculiaridades e excepcións — hai tamén verbos auxiliares e os chamados ' verbos r - xunto co único verbo en islandés que se pode considerar totalmente irregular: valda. Existe unha clasificación máis ou menos sistemática de todos os verbos, mais os paradigmas cóntanse por ducias.

Algúns infinitivos acaban co sufixo -ja. Estes verbos pódense conxugar coma os verbos -ur, que é o mesmo que dicir que o sufixo se perde na primeira persoa do singular. Cando conxugamos os verbos -ja, a letra ‘j’ pode obviarse, de xeito que syngja (‘cantar’) sería ég syng (‘Eu canto’) na primeira persoa do singular e non ég syngj. Repárese, porén, que o j en si mesmo non é un indicador fiable. Exemplos disto serían emja (‘berrar’), que pertence a unha clase (primeira persoa do singular, ég emja, pasado ég emjaði) fronte telja (‘contar’), pertencente a outra clase, (ég tel, pasado ég taldi).

Tempos
editar

Estritamente falando, só hai dous tempos simples, presente simple e pasado simple. Os demais fórmanse usando construcións auxiliares (algúns deles considéranse coma tempos e outros coma aspectos). Por exemplo, o presente continuo úsase do seguinte xeito:

pronome persoal + vera + að + verbo en infinitivo
ég er að læra
Estou a aprender

Porén, cómpre reparar en que esta construción só se aplica polo xeral a conceptos abstractos, e non para actividades, por exemplo, sentarse non a usaría. Pola contra, o pasado simple si que a pode usar.

Os tempos colectivos son:

  • condicional
  • futuro
  • pasado
    • continuo
    • perfecto
    • subxuntivo
  • presente
    • continuos
    • perfecto
    • subxuntivo

O islandés posúe a voz media xunta coa activa e a pasiva. Os verbos en voz media sempre acaban en -st; este final pode ser engadido tanto ao infinitivo coma ás formas verbais conxugadas. Para estas últimas, os finais das segunda e terceira persoa (i.e. -(u)r, e -rð) suprímense, como tamén as consoantes dentais (ð, d e t). Comparemos o verbo breyta (‘cambiar’) coas súas formas en voz media:

breyta
cambiar
breyti
cambio
breytir
cambias
breytir
cambia
breytum
cambiamos
breytið
cambiades
breyta
cambian
breytast
cambiar
breytist
cambio
breytist
cambias
breytist
cambia
breytumst
cambiamos
breytist
cambiades
breytast
cambian

A voz media de moitos verbos implican un significado lixeiramente diferente. Algúns verbos sobreviven só nesta forma, perdendo as outras ao longo do tempo. A voz media úsase normalmente nas seguintes situacións:

  • Reflexiva— No lugar dun pronome reflexivo, por exemplo: Þór meiðir sigÞór meiðist (‘Þór férese’)
  • Reciprocidade— Por exemplo: Þór talar við Stefán og Stefán talar við ÞórÞór og Stefán talast við (‘Þór e Stefán falan entre eles’)
  • Un significado alternativo— Como se dixo anteriomente, algunhas voces medias poden achegar significados diferentes dos que teñen os verbos dos que derivan, por exemplo, koma, (‘vir’) convértese en komast (‘conseguir alí') e gera (‘facer’) pasa a ser gerast (‘suceder’)
  • Activa— Nalgunhas situacións, a voz media úsase para expresar unha idea para a cal nós empregariamos a activa en galego. Por exemplo, a oración bíllinn sést ekki tradúcese como ‘non se pode ver o coche’. Máis a miúdo, utilízase neste contexto cando non hai referencia directa a ningnunha persoa gramatical.

Como moitas outras linguas indoeuropeas, o islandés posúe o modo subxuntivo. Úsase a miúdo, para se referir a situacións cun certo grao de hipoteticidade, pero máis especificamente nas situacións seguintes:

  • En estilo indirecto— Por exemplo, co verbo segja na seguinte oración: Jón segir að hún komi (‘Jón dixo que ela está a chegar’)
  • Para expresar incerteza— Despois de verbos coma vona (‘agardar’ no sentido de querer), óska (‘desexar’), halda (‘crer’), búast við (‘agardar, desexar’), óttast, vera hræddur um (‘temer’) e gruna (‘sospeitar’): ég vona að henni batni (‘Agardo que se poña mellor’)
  • Oracións interrogativas— Especificamente logo do verbo spyrja (‘preguntar’): Jón spyr hvort þú ætlir að borða með okkur (‘Jón pregúntase cando virás comer con nós’)
  • Con conxuncións— O subxuntivo utilízase coas conxuncións nema (‘a menos que’), þó að/þótt (‘aínda que’), svo að (‘de xeito que’), til þess að (‘coa fin de, co obxecto de’)

Adverbios

editar

Comparados con outras categorías gramaticais, os adverbios en lingua islandesa son relativamente sinxelos e non se declinan, menos nalgúns casos para facer comparacións. Pero aínda nestes casos pódense construír facilmente a partir dos adxectivos, os substantivos ou os verbos. Estes adverbios derivados con frecuencia acaban en -lega (aproximadamente equivalente ao sufixo -mente en galego):

nýrnovonýlegaultimamente (lit. novamente)

Nota: Os adverbios acabados en-lega pódense declinar para facer comparacións, o que os converte nun grupo propio grande dabondo. Por exemplo:

hættaperigosohættulegahættulegarhættulegast, i.e. perigosamentemáis perigosamenteo máis perigosamente.

Esta sería unha forma regular a para formar adverbios. Outro xeito é coller o nominativo singular neutro dun adxectivo e convertelo nun adverbio:

blíttdóceblíttdocemente, cf. hún sefur blíttela dorme docemente

Outra maneira é tomar a raíz dun adxectivo e engadirlle un a:

illurmaloillamalamente, cf. hann hagar sér illael comportouse malamente (illur nunca leva o sufixo -lega).

Algúns adverbios son:

bráðumcedo
núnaagora
ofta miúdo
straxaxiña

Outros adverbios básicos inclúen, entre outros:

austurleste
norðurnorte
suðursur
vesturoeste
innen
innandesde dentro
utandesde fóra
útfóra

Inn e út denotan movemento, ir cara dentro e ir cara fóra.

Outras clases de palabras

editar

Preposicións

editar

As preposicións determinan o caso dos substantivos que as seguen. Velaquí algúns exemplos:

acusativo dativo xenitivo ac. ou dat. dependendo do contexto
um—acerca de að—con til—a, cara á—en, sobre
gegnum—a través af—de án—sen eftir—despois
umfram—xunta con frá—de, desde meðal—en medio de fyrir—antes
kringum—arredor hjá—con milli—entre í—en
umhverfis—arredor úr—fóra de sökum—debido a, como consecuencia de með—con
andspænis—oposto a vegna—a causa de undir—debaixo de
ásamt—ao longo de handan—alén de við—por
gagnvart—cara a innan—dentro de yfir—sobre, enriba de
gegn—a través utan—fóra de
gegnt—con respecto de ofan—enriba de
handa—para neðan—embaixo
meðfram—ao longo de
móti—contrario
undan—desde abaixo

Sintaxe

editar

A orde das palabras en islandés é SVO (suxeito-verbo-obxecto), xeralmente falando, co suxeito e o verbo invertidos nas preguntas e cando a oración comeza cun adverbio. Porén, a flexibilidade do sistema permite unha considerable liberdade á hora de ordenar as palabras.

Malia isto, existen certas regras de sintaxe que son relativamente inflexibles. Por exemplo, o verbo principal debe sempre ir en segundo lugar na oración. Este feito coñécese co nome de orde de palabras V2, e é común nas linguas xermánicas. Véxase o exemplo seguinte (suxeito en amarelo, verbo en azul, obxecto en vermello):

Mannfjöldinn var 1.500A poboación era 1.500

Aquí o elemento var (a terceira persoa do singular do pasado simple do verbo vera, ‘ser’, i.e. ‘era’) é a segunda unidade gramatical da oración. Se mudamos a oración:

Árið 2000 var mannfjöldinn 1.500No 2000, a poboaciónn era 1,500

Neste caso, var é aínda a segunda unidade gramatical da oración, a pesar de non ser a segunda palabra na oración. O sintagma preposicional árið 2000 (destacado en verde) conta coma unha unidade gramatical, de xeito que o verbo, como segunda unidade, debe aparecer logo de 2000 e non de árið. Suxeito e obxecto aparecen despois. Unha excepción a esta regra xorde cando se forman preguntas mediante inversión:

Stefán er svangurStefán está anoxado

convértese na pregunta:

Er Stefán svangur?Está Stefán anoxado?

Neste caso, suxeito e obxecto invírtense para formaren unha pregunta, pasando o verbo a ser a primeira unidade da oración no canto da segunda. Este método de formar preguntas úsase en moitos idiomas, coma por exemplo o inglés.

As interrogativas

editar

Como vimos, as preguntas fórmanse facilmente reordenando a orde da frase, isto é, pasando de suxeito-verbo-obxecto a verbo-suxeito-obxecto. Por exemplo:

Þú talar íslensku.(Ti) falas islandés.

pódese pasar a pregunta como segue:

Talar þú íslensku?Falas (ti) islandés?

Cómpre salientar que a miúdo unha forma de elipse dáse cando realizamos preguntas en segunda persoa; o verbo e þú teñen tendencia a se fusionaren para facilitaren a pronuncia. Isto reflíctese na escrita, de xeito que con frecuencia acharemos a forma talarðu no canto de talar þú. O cambio sufrido é a transformación da xorda dental fricativa þ na sonora dental fricativa ð. Esta regra aplícase a varios verbos, algúns deles coas súas propias formas especiais (por exemplo vera, ‘ser, estar’, ten a forma ertu).

A regra da inversión tamén se aplica cos interrogativos, que se engaden ao inicio da frase. Os interrogativos en islandés son:

  • hvað?que/como?
    • Hvað ert þú að gera?—Que estás (ti) facendo?/Que estás (ti) a facer?
  • hvaða?que?
    • Hvaða hundur?—Que can?
  • hver?quen?
    • Hver ert þú?—Quen és (ti)?
  • hvernig?Como?
    • Hvernig hefur þú það?—Como estás? (lit. Como tes ti iso)
  • hvar/hvert/hvaðan?onde/de onde?
    • Hvar ert þú?—De onde es (ti)?
    • Hvert ert þú að fara—Onde vas? (lit. Onde estás ti a ir?)
    • Hvaðan kemur þú?—De onde vés (ti)?
  • hvenær?cando?
    • Hvenær kemur þú?—Cando vés (ti)?
  • hvers vegna/af hverju/hví?Por que?
    • Hvers vegna hann?—Por que el?
    • Af hverju ekki?—Por que non?
    • Hví?—Por que?
  • hvort?se/cal?
    • Hvort hann komi, veit ég ekki.—Non sei se vén ou non. (lit. Se el vén, sei eu non.)
    • Hvort vilt þú?—Cal queres (ti)? (implica unha escolla entre dúas alternativas.)

Non obstante, os pronomes interrogativos (hvað/hver) deben declinarse cos verbos que modifican, de xeito que o caso do verbo mudará dependendo do verbo. O significado da oración non cambia usando hvers vegna ou af hverju; porén deben ser usados dunha maneira específica. Hví apenas se utiliza.

Cambios de pronuncia

editar

Existe un certo número de mudanzas na pronuncia, detallados abaixo, e que ocorren en todos os tipos de palabras.

A-umlaut

editar

É o umlaut máis vello de todos, aparecendo en todos os idiomas xermánicos, agás, quizais, o gótico. Pode darse en dúas variantes:

ie (como por exemplo niður vs. neðan).
uo. Exemplos serían fugl (cf. inglés fowl) ou stofa (cf. alemán Stube).

Non é demasiado frecuente.

U-umlaut

editar

Dáse cando unha vogal a muda a ö pola presenza dun u na seguinte sílaba. Isto só afecta ó a, e non ó á ou au. Algúns exemplos:

talafalar(við) tölumfalamos
farair(við) förumimos

Se hai unha sílaba intermedia entre o primeiro a e o u, o cambio non se produce.

Se hai dous a's precedendo o u, o primeiro a convértse en ö e o segundo en u. Un exemplo:

fagnaðurlediciafögnuðumledicias (dativo, plural).

As excepcións a esta regra inclúen varios empréstitos, por exemplo bananibananabanönum (dativo plural) e ArabiArabAröbum (tamén dativo plural).

Historicamente, existiron catro formas máis de U-umlaut; apenas se usan ou foron retiradas.

I-umlaut

editar

O I-umlaut é lixeiramente máis complexo, e consiste nos seguintes cambios de vogais:

ae
áæ
ei
oe
óæ
uy (Ás veces aparece como se oy, mais nunca é este caso concreto. Un exemplo: Sonur (singular) ⇒ synir (plural) dá a impresión de ser un I-umlaut, pero a vogal orixinal sonur foi un u cambiada a o polo A-umlaut.)
ú, e ý
auey

Ademais, outras mudanzas xa en desuso son:

oø
ǫø

Outros umlauts

editar

Historicamente, houbo moitísimos máis umlauts en islandés , incluíndo:

  • IR-umlaut
  • J-umlaut
  • R-umlaut
  • G-k-umlaut
  • W-umlaut

Estes teñen un ámbito moito máis limitado, e operan dun xeito moi semellante aos arriba mencionados, isto é, teñen máis ou menos os mesmos efectos. Feitas as referencias anteriores aos umlauts que xa están en desuso, é preciso facer fincapé que os I- e U-umlauts están moi vivos, como parte integrante do sistema de declinacións que se usa como ferramenta para a composición de neoloxismos.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para islandés.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar