Isabel Coixet
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Isabel Coixet i Castillo, nada en Barcelona o 9 de abril de 1960,[1] é unha directora de cine española.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Isabel Coixet i Castillo 9 de abril de 1960 (64 anos) Sant Adrià de Besòs, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, escritora, tradutora, guionista, produtora delegada |
Período de actividade | 1989 - |
Participou en | |
abril de 2020 | Q91888477 |
17 de outubro de 2012 | Q64755659 |
2009 | Festival de Cannes 2009 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarNaceu en Barcelona o 9 de abril de 1962. Licenciada en Historia pola Universidade de Barcelona, traballou como xornalista na revista Fotogramas. A súa afección á imaxe faille achegarse ó mundo do cine, desenvolvendo diversas tarefas, e ó mundo da publicidade no que, tras un tempo, creará produtora propia. Debutou como guionista e directora en 1989 con Demasiado viejo para morir joven,[1] película coa que conseguiu un nomeamento aos Goya na categoría de Mellor director novel[2] e, anos máis tarde, marcha a Estados Unidos decidida a filmar aló unha longametraxe: Cosas que nunca te dije (1996).
É un dos pesos pesados da industria publicitaria, e dirixe anuncios por todo o mundo: foi directora creativa da axencia JWT, fundadora e directora creativa da axencia Target e a produtora Eddie Saeta, obtendo os máis prestixiosos premios polos seus traballos este campo. Entre os seus clientes publicitarios figuran Telecomunicaciones Británicas, Ford, Danone, BMW, Ikea, Evax, Renault, Peugeot, Winston, Kronenbourg, Pepsi, Kellogg, MCI, Helene Curtis, Procter Gamble, Juventud de Philip Morris que Fuma Prevención, AT*T... entre moitos outros.
No ano 2000 creou a produtora Miss Wasabi Films dende onde tamén realizou destacados documentais -e videoclips ós máis variados músicos (dende Sexy Sadie ata Alejandro Sanz).
En 2003 triunfa con Mi vida sin mí e en 2005 dirixe La vida secreta de las palabras cuxos protagonistas son Tim Robbins e Sarah Polley.
En 2008 estrea Elegy, un drama romántico baseado na novela The Dying Animal, de Philip Roth, e protagonizado por Penélope Cruz e Ben Kingsley.
A comezos do 2009 remata a rodaxe de Mapa de los sonidos de Tokio, un filme que conta con Rinko Kikuchi e Sergi López Ayats como actores principais, e que se estreou o 28 de agosto do mesmo ano.
O 4 de setembro de 2020 anunciouse a concesión polo Ministerio de Cultura e Deporte español do Premio Nacional de Cinematografía como recoñecemento á súa traxectoria.[3][4]
Filmografía
editar- 2019 Foodie Love (serie de 8 episodios para HBO)
- 2019 Elisa y Marcela
- 2017 The Bookshop
- 2016 Spain in a Day
- 2016 Un corazón roto no es como un jarrón roto o un florero (curtametraxe)
- 2015 Nadie quiere la noche
- 2014 Aprendendo a conducir
- 2013 Another Me
- 2012 Ayer no termina nunca
- 2009 Mapa de los sonidos de Tokio
- 2008 Elegy
- 2005 The Secret Life of Words
- 2004 ¡Hay motivo! (episodio "La insoportable levedad del carrito de la compra")
- 2003 Mi vida sin mí (My Life Without Me)
- 1998 A los que aman
- 1996 Cosas que nunca te dije (Things I Never Told You)
- 1989 Demasiado viejo para morir joven
- 1984 Mira y verás (curtametraxe)
Premios
editar- Premio Nacional de Cine e Audiovisual de Cataluña (2002) pola película Mi vida sin mí.
- Premio Ollo Crítico de Cine na súa XIV Edición pola película, Mi vida sin mí.
- Medalla de Ouro das Belas Artes (2009)
- Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia (2015)[5]
- Premio Nacional de Cinematografía (2020)
- Creu Sant Jordi da Generalitat de Cataluña
Ano | Película | Categoría | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | The Secret Life of Words | Mellor película | Gañadora |
Mellor director | Gañadora | ||
Mellor guión orixinal | Ganadora | ||
2003 | Mi vida sin mí | Mellor película | Candidata |
Mellor director | Candidata | ||
Mellor guión adaptado | Gañadora | ||
1997 | Cosas que nunca te dije | Mellor guión orixinal | Candidata |
1990 | Demasiado viejo para morir joven | Mellor director novel | Candidata |
Anuncios TV
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Canal TCM (2 de novembro de 2017). "Isabel Coixet: “El cine me enseña el mundo a través de una pequeña rendija”". elpais.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ "Estas son las nominaciones de los PREMIOS GOYA 1990". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ EFE (4 de setembro de 2020). "Isabel Coixet recibe el Premio Nacional de Cinematografía por su trayectoria". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ "Rodríguez Uribes entregó el Premio Nacional de Cinematografía a Isabel Coixet". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 19 de setembro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ Redacción (14 de setembro de 2015). "Francia concede a Isabel Coixet con una importante condecoración cultural". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Coixet |
Ligazóns externas
editar- Clubcultura.com
- Web Oficial
- Ficha en IMDb (en inglés)