Isaac Otero
Isaac Ángel Otero Rodríguez, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1949 (75 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta, profesor de ensino secundario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filosofía e Letras pola mesma universidade coa tese La poesía de José Hierro (1972), foi profesor de Lingua e Literatura Española. Colaborou en Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo na Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela autoeditada. Recibiu o Premio Quiñones de León (1967), o I Premio Periodístico y Radiodifusión da Feira do Salmón da Estrada por "O vello e o río" (1978) e o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1981).
Obras
editarNarrativa
editar- O sorriso de Gardel, 1988 (Premio Blanco Amor 1987).
- Vuelo sonoro, 1990.
- Marisma pacífica, 1991.
- Reloxo de sol, 1992.
Poesía
editar- Oración do náufrago, 1991.
- La Rosa de Susana, 2011.
Teatro
editar- El elegido, 1992.
- A luz do tempo, 1994.
- El cóndor de los Andes, 1996.
- A la memoria de un ángel, 2000.
Ensaio
editar- Mi hermano Casto Méndez Núñez, 1997.
Obras colectivas
editar- Presencia de Rosalía, 1975.