[go: up one dir, main page]

Reino de Iberia

(Redirección desde «Iberia caucásica»)
Este artigo trata sobre o Cáucaso en tempos dos gregos, para outros usos da palabra, véxase Iberia (homónimos)

Iberia (იბერია) era o nome empregado polos antigos gregos e polos romanos para designar ao antigo reino xeorxiano de Kartli (século IV a. C.século V) que ocupaba o leste e o sueste do país caucásico.

Modelo:Xeografía políticaReino de Iberia
ქართლის სამეფო (ka) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°26′N 43°14′L / 41.44, 43.24
CapitalArmazi (en) Traducir
Tbilisi Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLíngua georgiana antiga (pt) Traducir
lingua xeorxiana Editar o valor en Wikidata
Relixiónpaganismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación299 a. C. Editar o valor en Wikidata
Disolución600 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porPrincipado da Ibéria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaKolkhuri Tetri (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Mapa do Cáucaso

Emprégase o termo de Iberia caucásica ou Iberia do Leste, para distinguilo da tamén denominada Iberia polos antigos gregos: a Península Ibérica. Algúns eruditos cren que o Cáucaso era o lugar orixinal das tribos que posteriormente migraron á Península Ibérica, dada a coincidencia nos nomes.

Historia

editar

Historia antiga

editar

A área estaba habitada por varias tribos emparentadas entre si, chamadas xeralmete iberos polos autores antigos. O reino local, Kartli recibe o seu nome dun xefe místico, Kartlos.

Os Moschi mencionados por varios historiadores clásicos e os Sasper, os seus posíbeis descendentes, (nomeados por Herodoto poderían ter un papel relevante na consolidación das tribos da rexión. Probábelmente, a orixe etimolóxica de «Iberia» derivase do seu nome (Sasper >Speri >Hberi >Iberi). Os Moschi teríanse movido cara ao nordeste nunha migración. A principal tribo eran os Mtskheta, que darían nome á capital. O seu primeiro asentamento chamouse polos autores medivais xeorxianos, Arrian-Kartli, baixo o goberno persa da dinastía aqueménida. Tras iso, foron gobernados por un príncipe local coñecido como mamasakhlisi.

A fonte medieval de Moktsevai Kartlisai («Conversión de Kartli») fala ademais de Azo e a súa xemte, que se asentaron na futura capital de Mtskheta. Outras crónicas do país, Kartlis Tskhovreba («Historia de Kartli») din que Azo sería un oficial de Alexandre Magno, que asasinou a unha dinastía local e conquistou o territorio, sendo expulsado por Parnavaz I de Iberia.

Reis de Iberia

editar
  • Samara de Mtskhetha ? -322
  • Azon 322-302
  • Parnavaz I 302-237
  • Saurmag I 237-162 (fill)
  • Mirian I 162-112 (xenro, adoptado coma fillo)
  • Parnadjom 112-93 (fillo)
  • Arshak I 93-81 (cuñado de Parnadjom e xenro de Mirian I)
  • Artag 81-64 (fillo)
  • Parnavaz II 64-33 (fillo)
  • Mirian II 33-23 (fillo de Parnadjom)
  • Arshak II 23-2 (fillo)
  • Adreki 2 aC- cap el 30 dC
  • Mitridates I
  • Pharsman I
  • Bartom 55-72
  • Qartam 55-72
  • Kaos 72-87
  • Armazel 87-?
  • Azork 87-1?
  • Derok ?
  • Mirdat I ?-106
  • Hamazasp I 106-116 (fillo)
  • Pharsman II Kveni (o Benfeitor) 116-142 (fillo)
  • Radamisto de Iberia 142-145
  • Pharsman III 145-185
  • Hamazasp II 185-189 (fillo)
  • Rev I o Xusto, 189-216 (fillo de Volageses II de Armenia)
  • Vache 216-234 (fillo)
  • Bakur I 234-249, (fillo)
  • Mirdat II, 249-265
  • Hamazasp III 260-265
  • Asphagur I 265-284 (fillo de Mirdat II)
  • Mirian III 284-361 (fillo do shah de Irán)
  • Rev II 345-361 (fillo)
  • Saurmag II 361-368
  • Varaz Bakur II (Asphagur III) 368-? (fillo de Mirian III)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar