[go: up one dir, main page]

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo.[1] Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

Modelo:Xeografía físicaHonshu
(ja) 本州 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoisland of Japan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago xaponés
four main islands of Japan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaOcéano Pacífico e Cinto de lume do Pacífico Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaXapón Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°N 138°L / 36, 138
Bañado porMar do Xapón, Océano Pacífico e Mar Interior de Seto Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Dimensións240 (ancho) × 1.300 (lonxitude) km
Perímetro5.450 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Fuji Editar o valor en Wikidata  (3.776 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie227.939,66 km² Editar o valor en Wikidata

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Kyoto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Xeografía

editar

A illa ten aproximadamente 1.300 km de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942,85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña.[2] A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.

É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Toquio, e o terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5,3 metros[3][4] mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo do Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.

Rexións administrativas e prefecturas

editar

A illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Toquio metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.

As rexións e prefecturas son:

Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes

  1. Honshū (arquivado en Archive.org). MSN Encarta. Consultado o 15-08-2023.
  2. "Islands By Land Area". Islands.unep.ch. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 2010-08-01. 
  3. "Map of Horizontal Land Movement caused by 2011/3/11 M9.0 earthquake" (PDF) (en Japanese). Geospatial Information Authority of Japan. March 19, 2011. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  4. "Quake shifted Japan by over two meters". Deutsche Welle. 14 de marzo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar