Hilas
Na mitoloxía grega, Hilas (en grego Ύλας Hylas) era fillo do rei Tiodamante dos dríopes.
Cando Heracles matou o seu pai na batalla, perdoou a Hilas e tomouno como escudeiro, ensinándolle as artes do guerreiro. Heracles levou a Hilas con el a bordo da nave Argo, facéndoo un dos argonautas.
A instancias de Hera, Hilas foi secuestrado pola ninfa da fonte Pexea en Misia e desapareceu sen deixar rastro (segundo Apolonio Rodio). Nunca atoparon a Hilas porque este se namorara das ninfas e quedara con elas convertido en eco (Valerio Flaco, Argonáutica).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hilas |
- «Hylas» en Greek Mythology Link (en inglés)
- androphile.org - A historia de Hércules e Hilas (en inglés)