[go: up one dir, main page]

En botánica denomínase hidrocoria á propagación de diásporas vexetais por medio da auga.

Sementes de Entada phaseoloides, un exemplo de nautocoria

As especies en cuxa diseminaión intervén de forma ordinaria a auga denomínanse hidrócoras.[1]

Esta propagación pode producirse de xeito moi eficiente, xa que se poden cubrir enormes distancias coa axuda de augas que flúen ou de grandes masas de auga. As plantas que se propagan hidrocoricamente son principalmente plantas acuáticas (plantas flotantes) ou que se asentan preto da auga. Pero especialmente no grupo de plantas ombrócoras, que utilizan a auga da chuvia como axuda para estenderse, colonizando áreas que non están influídas pola auga, incluídos os desertos.

Hai tres grandes grupos:

Transporte submarino e sobre a auga

editar
 
Noz de coco (Cocos nucifera) xerminando nunha praia

Pódese facer unha distinción entre o transporte submarino e sobre a auga.[5]

  • Reocoria. Propagación de diásporas de plantas terrestres que non están adaptadas para nadar, causada polas correntes dos ríos.[2]
  • Ombrocoria. Propagación pola chuvia.
Dentro desta pódese ditiguir entre:[6]
Ombrohidrocoria - Transporte polas augas pluviais. Refírese ás plantas cuxos disemínulos só abren cando se humedecen coa auga, que absorben, e as paredes detes inchan.
Balistocoria - A propagación das sementes ou froitos que son expulsados ​​activamente pola planta.

Transporte polo xeo

editar

Outra forma especial é a criocoria ou criohidrocoria, a propagación de diásporas no xeo e nos glaciares.[7]

Nautocoria

editar

A nautocoria emprégana plantas acuáticas, plantas que habitan en zonas pantanosas ou que viven preto de masas de auga. As diásporas destas plantas adoitan ser moi resistentes e poden xerminar até despois de 15 anos. Un representante ben coñecido desta variedade de dispersión é o coco (Cocos nucifera).

Reocoria

editar

A reocoria é a propagación de diásporas de plantas terrestres que non están adaptadas á natación, coa axuda das correntes de auga. Ocorre a través de regatos e ríos ou corpos temporais de auga como inundacións como consecuencia de fortes chuvias. O barro que se produce despois das inundacións adoita ser moi rico en diásporas. Moitas especies poden estenderse a grandes distancias ao longo das marxes dos ríos deste xeito. Un transporte curto en auga doce non prexudica a maioría das sementes, pero se entran en auga permanente adoitan pereceren. As diásporas adoitan ter forma de burbulla como en Nuphar lutea ou conteñen un tecido flotante (de baixa densidade específica) como en Caltha palustris.

Etimoloxías

editar
  • -coria. Do grego antigo χωρέω chōréō, "móvome", "esténdome".
  • Criocoria. Dos elementos crio- e -coria, o primeiro do grego antigo κρύος krýos, "frío", "xeada", "xeo".
  • Hidrocoria. Dos elementos hidro- e -coria, o primeiro do grego antigo ὕδωρ hýdōr, "auga".
  • Limnocoria. Dos elementos limno- e -coria, o primeiro do grego antigo λίμνη límnē, "lago".
  • Nautocoria. Dos elementos nauto- e -coria, o primeiro do grego antigo ναύτης naýtēs, "mariño".
  • Ombrocoria. Dos elementos ombro- e -coria, o primeiro do grego antigo ὄμβρος ómbros, "chuvia", "humidade".
  • Reocoria. Dos elementos reo- e -coria, o primeiro do grego antigo ῥέω rhéō, "fluxo".
  • Talasocoria. Dos elementos talaso- e -coria, o primeiro do grego antigo θάλασσα thálassa, "mar".
  1. hidrocoro, -ra, en Font Quer; P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3, páxina 578.
  2. 2,0 2,1 F. G. Schroeder (1998): Lehrbuch der Pflanzengeographie. Wiebelsheim, Renania-Palatinado: Quelle & Meyer. ISBN 3-4940-2235-6.
  3. Ecology. Vol. XIV, Brooklyn Botanic Garden, 1933, p. 226.
  4. C. F. Esteves et al. (2015): "On the Limited Potential of Azorean Fleshy Fruits for Oceanic Dispersal". PLOS ONE 10 (10): e0138882.
  5. van der Pijl, L. (1972): Principles of Dispersal in Higher Plants. Second Edition, Springer. ISBN 3-6429-6110-X, pp. 60–65.
  6. Angelika Lüttig & Juliane Kasten (2003): Früchte und Ausbreitung europäischer Pflanzen. Nottuln, Renania do Norte-Westfalia: Fauna Verlag. ISBN 3-9359-8090-6.
  7. Sarmiento, Fausto O. (2001): Diccionario de ecología. Quito, Ecuador: Ediciones Abya Yala. ISBN 978-99-7804-677-7, p. 61.