[go: up one dir, main page]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

En medicina, a hemodiálise é unha das terapias de substitución renal que pretende realizar de xeito artificial o traballo que fisioloxicamente faría o ril, isto é, a depuración de substancias de refugallo polo noso organismo. En liñas xerais, consiste en extraer do noso sangue produtos daniños para o noso corpo, como a creatinina ou a urea[1]. Tamén pode empregarse para controlar a presión arterial ou eliminar o exceso de auga do noso organismo cando o ril non é quen de facelo[2].

Hemodiálise
Clasificación e recursos externos
Doente recibindo unha sesión dunha terapia de hemodiálise.
MedlinePlus000707
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hemodiálise é unha das tres terapias que se poden empregar para substituír a función renal do ril. As outras dúas técnicas alternativas son a diálise peritoneal e o trasplante renal.

A hemodiálise é unha técnica levada a termo por médicos nefrólogos, e habitualmente realízase nun ambiente hospitalario. En casos seleccionados pode realizarse no domicilio do paciente.

Galería de imaxes

editar
  1. Equipo editorial de Fisterra. Fisterra, ed. "Hemodiálise.". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2016. 
  2. National Kidney Foundation. (ed.). "Hemodiálise: o que precisa saber." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2017. Consultado o 6 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar