[go: up one dir, main page]

Gundemaro, finado en Toledo no 612, foi un monarca visigodo que reinou no reino visigodo da Península Ibérica (Hispania), Septimania e reino de Galiza (Gallaecia) [1] entre os anos 610 e 612.

Modelo:BiografíaGundemaro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 612 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
610 – 612
← VitericoSisebuto → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHildoara Editar o valor en Wikidata
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.

Traxectoria

editar

Tras encabezar a facción aristocrática descontenta e asasinar ao seu predecesor, Viterico, no ano 610 accede ao trono real. Desempeñara o cargo de gobernador da Septimania, o que lle permitiu sumar os apoios dos católicos e unha vez proclamado rei iniciou un período de represalias contra aqueles que se lle opuxeran[Cómpre referencia].

Un conde da Septimania chamado Bulgar mantivo con Gundemaro un epistolario, Sex epistolae ad Gudamarum regem, et ad varios episcopos, recollido na Patrologia Latina de Migne e ofrece datos interesantes tanto de política interior como de política exterior do reino visigodo.[2]

O seu curto goberno caracterizouse polas loitas contra os vascóns[3], que se espallaban ata o val do Ebro, e que Leovixildo tratara de sufocar infrutuosamente. Tamén iniciou un período de alianzas con reis francos merovinxios, que terminarían pouco despois coa súa morte natural segundo as crónicas[4] (algo pouco habitual nos monarcas daquela época) en 612 na cidade de Toledo. Segundo a Chronica Regum Visigotthorum, Gundemaro reinou durante un ano, dez meses e 14 días[5].


Predecesor:
Viterico
 Rei dos visigodos 
610-612
Sucesor:
Sisebuto
 
Estatua de Gundemaro
  1. "About: Gundemar". dbpedia.org. Consultado o 2022-07-02. 
  2. "Búlgar; DBpedia LatAm". es-la.dbpedia.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2022. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  3. "Gundemaro, rey visigodo". reyesmedievales.esy.es. Consultado o 2022-07-02. 
  4. "El rey visigodo que encargó escribir un tratado dedicado a los eclipses para acabar con la superstición de sus súbditos". es.noticias.yahoo.com (en castelán). Consultado o 2022-07-02. 
  5. Flórez, Enrique; Risco, Manuel; González Palencia, Ángel; Real Academia de la Historia (Spain) (1747). España sagrada. Theatro, geographico-historico de la iglesia de España. Origen, divisions, y terminos de todas sus provincias. Antiguedad, traslaciones, y est ado antiguo y presente de sus sillas, en todos los dominios de España, y Portugal. Con varias dissertaciones criticas, para ilustrar la historia eclesiastica de España. Madrid M.F. Rodriguez. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar