Gorilla beringei graueri
O Gorilla beringei graueri é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do leste da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.
Gorilla beringei graueri | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Gorilla beringei graueri (Matschie, 1914) | |||||||||||||||||
Área de distribución (en cor verde).
|
É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o Gorilla beringei beringei, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.
En comparanza co Gorilla gorilla gorilla, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental rolda os 100.000.[2]
Notas
editar- ↑ Plumptre, A.; Nixon, S.; Caillaud, D.; Hall, J. S.; Hart, J. A.; Nishuli, R.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla beringei ssp. graueri". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39995A17989838. Consultado o 4 de setembro de 2016.
- ↑ Pickrell, J. "Eastern lowland gorilla numbers plunge to 5,000, study says". Consultado o 29 de xullo de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorilla beringei graueri |
Ligazóns externas
editar- Eastern Lowland Gorillas (Gorilla beringei graueri) Arquivado 22 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)