Goiáns, Porto do Son
San Sadurniño de Goiáns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.606 habitantes (809 homes e 797 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación.
Goiáns | |
---|---|
Igrexa de San Sadurniño de Goiáns. | |
Concello | Porto do Son[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′28″N 8°56′41″O / 42.75777778, -8.94472222 |
Poboación | 1.606 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial é de estilo barroco. Construída no século XVII, atravesou varias reformas a cargo da comunidade catalá establecida na parroquia con industrias conserveiras.
Ten unha soa nave, de proporcións cadradas. Recentemente engadíuselle o coro aos pés. Na cabeceira sitúase a capela maior, con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotería de pedra. Esta capela maior pertencera xa á antiga igrexa, moito máis estreita.
Ten apegada ao lateral dereito unha sancristía de menor altura que o resto da nave. No exterior tapouse o aspecto orixinal cun aplacado de pedra. A fachada é sinxela, cunha porta e unha fiestra por riba, con cornixa a dúas augas rematada nunha pequena espadana. O campanario foi colocado de forma illada preto da igrexa cando esta foi reconstruída.
No seu interior consérvase un sarcófago do século V.
Goiáns na literatura popular
editarGalería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Goiáns, Porto do Son.
-
Vista do camposanto.
-
Igrexa parroquial.
-
Muro altomedieval na igrexa de Goiáns.
-
Portosín.
Lugares e parroquias
editarLugares de Goiáns
editarLugares da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
O Alto de Olveira | Beneso | O Campanario | O Castro | Eiravedra | Freixedo | A Igrexa | Mantoño | O Mariño | As Moas | A Mótega | Portosín | O Pozo | A Richoliña | O Salgueirón | A Silva | Valcunqueiro |
Parroquias de Porto do Son
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. Recollida en [[Lampón, Boiro|Lampón]}], parroquia de Boiro, concello limítrofe con Porto do Son, ó que pertence Goiáns. Estas dúas parroquias non son lindeiras.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171.