Georges Perec
Georges Perec, nado en París o 7 de marzo de 1936 e finado en Ivry-sur-Seine o 3 de marzo de 1982, foi un escritor francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1936 19.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 3 de marzo de 1982 (45 anos) Ivry-sur-Seine, Francia |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Crematorio e columbario do Père-Lachaise |
Educación | Lycée Claude-Bernard (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, dirección de cine, guión cinematográfico, poesía, crítica literaria e bibliotecoloxía |
Ocupación | novelista |
Período de actividade | 1965 - |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Paulette Perec |
Cronoloxía | |
Funeral (Crematorio e columbario do Père-Lachaise) | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb |
|
Novelista, poeta, ensaísta, guionista, dramaturgo e autor de obras misceláneas, é un dos autores principais da literatura francesa do século XX, membro do grupo OuLiPo e abandeirado da Nouveau roman. A súa obra estivo baseada na experimentación e en certas limitacións formais como forma de creación, incluíndo elementos matemáticos.
Traxectoria
editarPerec foi o único fillo de Icek Judko Peretz e Cyrla Szulewicz, obreiros xudeus que chegaran de Polonia. Na segunda guerra mundial, o seu pai foi voluntario no exército francés, e morreu na fronte en 1940. Ao ano seguinte foi enviado pola súa nai á zona libre de Villard-de-Lans nun tren da Cruz Vermella. O seu nome foi afrancesado a Perec e pasou a guerra coa súa familia paterna. A súa nai foi levada ao campo de Dranzy en xaneiro de 1943 e deportada a Auschwitz o 11 de febreiro dese mesmo ano. En 1945 Georges Perec foi adoptado polos seus tíos.
Perec comezou os estudos de socioloxía e historia na Sorbona, pero abandonounos. Nesa época publicou ensaios e recensións nas revistas literarias La Nouvelle Revue Française e Les Lettres Nouvelles.
Fixo o servizo militar en Pau entre 1958 e 1959 como paracaidista. En 1960 casou con Paulette Petras, e foron vivir un ano a Sfax (Tunisia), onde ela era profesora. En 1962 comezou a traballar como bibliotecario no departamento de Neurofisioloxía do Centro Nacional para a Investigación Científica, posto no que estivo até 1978.
En 1965 gañou o Premio Renaudot pola súa primeira novela, Les Choses. En 1967 ingresou no grupo OuLiPo («Ouvroir de Littérature potentielle»)[1], fundado en 1960 por Raymond Queneau e François Le Lionnais. Neste grupo, que buscaba explotar a literatura en base a métodos formais procedentes de áreas como as matemáticas, a lóxica ou o xadrez, Perec desenvolveu a súa paixón polos xogos de palabras, lipogramas, anagramas e puzles. É o autor do palíndromo máis longo escrito en francés, terminado en 1969 e conformado por máis de cinco mil caracteres[2]. Perec tamén fixo encrucillados para Le Piont.
Interesouse polo cinema, e a súa primeira película está baseada na súa novela Un homme qui dort. Codirixida por Bernard Queysanne, acadou o Premio Jean Vigo en 1974.
En 1978 publicouse a súa obra La Vie mode d'emploi, gañadora do Premio Médicis, cuxo éxito lle permitiu dedicarse desde entón plenamente á literatura. En 1981 permaneceu na Universidade de Queensland (Australia), onde traballou na súa obra 53 Jours. Morreu ao ano seguinte por mor dun cancro de pulmón.
Obra
editarLibros
editar- Les choses. Une histoire des années soixante (1965), traducida ao galego por Gonzalo Navaza (As cousas. Unha historia dos anos sesenta, Edicións do Cumio, 1991).
- Quel petit vélo à guidon chromé au fond de la cour? (1966)
- Un homme qui dort (1967)
- La disparition (1969). Novela de intriga, escrita en forma de lipograma, onde non aparece a letra E, a vogal máis frecuente en francés. As traducións desta obra respectan tamén semellante restrición, evitando a vogal máis frecuente de cada idioma meta.
- Les revenentes (1972). Obra que actúa como contrapunto da anterior, pois só usa a vogal E.
- La boutique obscure (1973)
- Especes d'espaces (1974)
- W ou le souvenir d'enfance (1975)
- Tentative d'épuisement d'un lieu parisien (1975). Publicada inicialmente na revista Cause Commune e máis tarde por Christian Bourgeois en 1982. En outubro de 1974 Perec instalouse na praza de Saint-Sulpice de París. Durante tres días e en diferentes momentos da xornada tomou nota de todo o que vía.
- Alphabets (1976). Neste libro non repite unha consoante antes de usar todas as demais do alfabeto.
- La vie, mode d'emploi (1978)
- Je me souviens (1978)
- Un cabinet d'amateur (1979)
- Théâtre I (1981)
- Épithalames (1982)
- Penser/Classer (1985)
- Les Mots croisés II (1986)
- 53 jours (1989)
- L'Infra-ordinaire (1989)
- Je suis né (1990)
- Le voyage d'hiver (1993)
- Beaux présents, Belles absentes (1994)
- Jeux intéressants (1999)
- Nouveaux jeux intéressants (1999)
- Entretiens et conférences (2003)
Colaboracións
editar- Petit traité invitant à l'art subtil du go (1969; con Pierre Lusson e Jacques Roubaud)
- Oulipo, La littérature potentielle. Créations, recréations, récréations (1973)
- L'Oeil ébloui (1981; con Cuchi White)
- Oulipo, La Bibliotèque oulipienne (1981)
- Presbytère et prolétaires. Le dossier PALF (1989; Marcel Bénabou)
Traducións
editar- Les verts champs de mutarde de l'Afghanistan (de Harry Mathews; 1975)
- Le naufrage du stade Odradek (de Harry Mathews; 1981)
Cinema
editar- Un homme qui dort (1974; dirixida canda a Bernard Queysanne)
- Guión de «L'oeil de l'autre», capítulo da serie de televisión Cinéma 16 (1977)
- Les lieux d'une fugue (1978; curtametraxe para televisión)
- Retour à la bien-aimée (1979; guionista)
- Récits d'Ellis Island (180; guionista)
Notas
editar- ↑ OuLiPo, présentation par Marcel Bénabou et Jacques Roubaud (en francés).
- ↑ Le Grand Palindrome de Georges Perec Arquivado 05 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (1969).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georges Perec |