George Pell
George Pell, nado en Ballarat (Victoria) o 8 de xuño de 1941 e finado en Roma o 10 de xaneiro de 2023,[1] foi un cardeal da Igrexa Católica, membro do Consello de Cardeais e Prefecto do Secretariado para a Economía da Santa Sé dende 2014 ata 2019.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1941 Ballarat, Australia |
Morte | 10 de xaneiro de 2023 (81 anos) Roma, Italia |
1º Prefecto Secretaria para a Economia (pt) | |
24 de febreiro de 2014 – 24 de febreiro de 2019 – Juan Antonio Guerrero Alves (pt) → | |
Cardeal | |
21 de outubro de 2003 – 10 de xaneiro de 2023 | |
8º Arcebispo católico | |
26 de marzo de 2001 – 10 de xaneiro de 2023 ← Edward Bede Clancy (pt) – Anthony Fisher → Diocese: Arquidiocese de Sydney | |
Delegado á Convención Constitucional Australiana | |
2 de febreiro de 1998 – 13 de febreiro de 1998 Circunscrición electoral: Victoria | |
7º Arcebispo católico | |
16 de xullo de 1996 – 10 de xaneiro de 2023 ← Frank Little – Denis Hart (en) → Diocese: Arquidiocese de Melbourne (pt) | |
Bispo auxiliar | |
30 de marzo de 1987 – 10 de xaneiro de 2023 Diocese: Arquidiocese de Melbourne (pt) | |
Bispo titular | |
30 de marzo de 1987 – 10 de xaneiro de 2023 ← Marion Francis Forst (pt) – Edward Joseph Adams (pt) → Diocese: titular see of Scala (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Campion Hall (en) St Patrick's College, Ballarat (en) Loreto College (en) Universidade de Monash Universidade de Oxford Pontificia Universidade Urbaniana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico latino (1987–2023), bispo católico (1987–2023), sacerdote católico (1966–), diácono (1966–) |
Empregador | Santa Sé (–2023) Universidade de Oxford |
Consagración | Frank Little |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
abril de 2005 | conclave de 2005 |
Convenció Constitucional Australiana de 1998 | |
Cronoloxía | |
Catholic sexual abuse cases in Australia (en) | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarO 16 de decembro de 1966 foi ordenado sacerdote da diocese de Ballarat polo prefecto da Congregación para a Propagación da Fe e patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean. Licenciouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana en 1967, obtivo o doutoramento en Filosofía na Universidade de Oxford en 1971, e obtivo tamén unha Mestría en Educación pola Universidade Monash en 1982.
O 30 de marzo de 1987 foi nomeado bispo auxiliar de Melbourne e bispo titular de Scala. Recibiu a consagración episcopal o 21 de maio de 1987 de mans do arcebispo de Melbourne Thomas Francis Little.
O 16 de xullo de 1996 o papa nomeouno arcebispo de Melbourne. O 26 de marzo de 2001 foi trasladado á arquidiocese de Sidney, e no consistorio do 21 de outubro de 2003 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria Domenica Mazzarello.
O 13 de abril de 2013 o papa Francisco nomeouno membro do novo Consello de Cardeais instituído para axudarlle no goberno da Igrexa. Posteriormente, o 24 de febreiro de 2014 Francisco nomeouno prefecto do tamén novo Secretariado para a Economía. O 24 de febreiro de 2019, rematou o seu período no cargo.[2]
En 2018, Pell foi declarado culpable de abuso sexual a menores, mais a condena foi anulada polo Tribunal Superior de Australia en 2020.[3] Unha investigación á parte da Congregación para a Doutrina da Fe da Santa Sé sobre estas acusacións de abuso concluíu tras a súa absolución polo Tribunal Superior.[4]
Premios e distincións
editarO Christendom College nomeouno doutor honoris causa en 2006, a Universidade de Notre Dame Australia en 2010 e a Universidade Católica Australiana en 2014.
Obra
editar- The Sisters of St Joseph in Swan Hill 1922-72. 1972.
- Catholicism in Australia. 1988.
- Rerum Novarum: One Hundred Years Later. 1992.
- Issues of faith and morals. Oxford University Press. 1996.
- Catholicism and the Architecture of Freedom. 1999.
- Be Not Afraid. 2004.
- God & Caesar: selected essays on religion, politics, & society. Connor Court Publishing. 2007.
- Free for All: Negotiating Freedom in a World of Individuals. 2009.
- Test Everything: Hold Fast to What is Good. 2010.
- One Christian Perspective on Climate Change. 2011.
- ↑ Estcourt, David (11 January 2023). "Cardinal George Pell dies, aged 81, after complications from hip surgery". The Sydney Morning Herald.
- ↑ "Cardinal Pell no longer prefect of Vatican's economy secretariat". Catholic News Agency. 26 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Controversial Catholic cleric Pell dies aged 81". BBC News. 11 de xaneiro de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
But the cleric left his post in 2017, returning to Australia to face trial on child sex abuse charges. A jury in 2018 found he had abused two boys while Archbishop of Melbourne in the 1990s. Cardinal Pell, who always maintained his innocence, spent 13 months in prison before the High Court of Australia quashed the verdict in 2020.
- ↑ Collett, Michael (18 de setembro de 2019). "The Catholic Church has its own secret investigation into Pell. Here's who is running it" (en inglés). Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 12 de maio de 2021.