Galez, Entrimo
parroquia civil do concello de Entrimo
San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 264 habitantes, dos cales 127 eran homes e 137 mulleres.
San Fiz de Galez | |
---|---|
Tecedora en Galez. | |
Concello | Entrimo[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°55′07″N 8°06′02″O / 41.91864629, -8.10067799 |
Poboación | 216 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galez na literatura popular
editar- Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores [2].
- O río da Feira Vella
/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [3].
- Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media [4].
Lugares e parroquias
editarLugares de Galez
editarLugares da parroquia de Galez no concello de Entrimo (Ourense) | |
---|---|
Asperelo | A Feira Vella | Galez | Olín | As Quintáns |
Parroquias de Entrimo
editarGalicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Entrimo | |
---|---|
Entrimo (Santa María a Real) | Galez (San Fiz) | A Illa (San Lourenzo) | A Pereira (San Facundo) | Venceáns (San Tomé) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.