[go: up one dir, main page]

Galerio

emperador romano entre 305 e 311

Caius Valerius Galerius Maximianus, nado en Serdica (actual Sofía, daquela na provincia de Moesia Superior) arredor do ano 260 e finado na mesma vila en abril ou maio do ano 311, foi un emperador do Imperio Romano, máis coñecido como Galerio.

Modelo:BiografíaGalerio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Galerius Valerius Maximianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Galerius Maximinus Editar o valor en Wikidata
250 Editar o valor en Wikidata
Dacia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 311 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Serdica (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSofía Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
1 de maio de 305 (Gregoriano) – maio de 311 (Gregoriano)
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, gobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGaleria Valeria Editar o valor en Wikidata
FillosMaximino Daia, fillo adoptivo, Valeria Maximila, Candidianus Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido
Diocleciano Editar o valor en Wikidata  e Romula Editar o valor en Wikidata
IrmánsGaleria Editar o valor en Wikidata
ParentesMaximino Daia, fillo da irmá Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1026098 WikiTree: Maximianus-1 Find a Grave: 35827724 Editar o valor en Wikidata
Follis da ceca de Tesalónica coa imaxe de Galerio.

Traxectoria

editar

Fillo dunha humilde familia, adicouse na súa xuventude a coidar gando, o que lle valeu o alcuño de Armentarius. A súa educación militar levouno a realizar unha brillante carreira militar baixo os emperadores Aureliano e Probo. Fillo adoptivo de Diocleciano, quen o nomeou César durante a Tretarquía no 293, casando ao mesmo tempo con Valeria, filla natural de Diocleciano. Recibiu para gobernar todos os Balcáns, excepto a Tracia.

Tanto o Augusto como o César dedicaron os seus esforzos a poñer paz nos territorios orientais, emprendendo a guerra contra os persas que ocuparan Armenia e Mesopotamia. Nun primeiro momento, Galerio foi derrotado polos persas, pero na segunda campaña derrotounos de tal xeito que chegou a recuperar todos os territorios e conseguiu a firma dunha paz que durou corenta anos.

No 303, Galerio instou a Diocleciano á persecución dos cristiáns, que se negaban a aceptar o culto ao emperador, un dos piares da recuperación política. Empréndese entón, especialmente na parte oriental do Imperio, a derradeira persecución contra a igrexa e a cristiandade, xa que foron derrubados templos e igrexas, perseguidos e martirizados moitísimos cristiáns. Foron expulsados do exército e de todos os cargos públicos, queimáronse libros sagrados e cando había algunha liorta, todo se resolvía matando algúns deles, xa que tiñan a culpa de todo. Posibelmente foi a persecución máis cruenta da historia do imperio.

Como Augusto

editar

No ano 305, Diocleciano abdicou como prometera e obrigou a facer o mesmo a Maximiano no occidente. Galerio convértese en emperador da parte oriental do Imperio.

Pero tomando ao seu cargo o mesmo papel que desempeñara Diocleciano, el nomea os césares das dúas partes do Imperio. Os elixidos foron Flavio Valerio Severo para Occidente e Valerio Maximiano Daia para Oriente. Estes nomeamentos non sentaron ben en Occidente, xa que o augustus desa parte, Constancio I Cloro, tiña a intención de nomear o seu fillo Constantino e Maximiano coidaba que Maxencio, o seu fillo, tamén tiña dereitos sobor do trono occidental. A crise estaba servida.

O primeiro en actuar foi Maxencio, que se autoproclamou augustus en Roma, e chamou ao seu carón o seu pai, quen non tardou en secundar os planos do seu fillo. Galerio envía a sufocar esta rebelión a Severo II, que foi vencido e feito prisioneiro en Rávena. Levado a Roma e condenado a morte.

Mentres isto ocorría, Constancio estaba ocupado nunha campaña contra os pictos en Britania. Pero morre en Eboracum (York) no 306. Seu fillo Constantino vai cara a Britania, onde é elixido Augustus polas lexións.

Galerio atópase de súpeto cun grave problema. Tenta resolvelo invadindo Italia para rematar con Maxencio e Maximiano, pero é rexeitado e vai cara a Panonia. Diocleciano, dende o seu retiro tenta de arbitrar a situación, pero non ten moito éxito. No ano 308, xúntanse en Carnotum (Panonia) para arranxar a crise. Constantino é degradado a César, Maxencio é posto fóra da lei coma inimigo público, Licinio é nomeado Augustus para reconquistar Italia e o Norte de África, mentres que en Oriente as cousas seguen igual que antes. Pero eran feridas que se pechaban en falso, xa que a elección de Licinio coma augustus sen pasar polo cargo de César non foi ben aceptada nin por Constantino nin por Maximiano, quen pouco despois tentaba de loitar contra o seu xenro con pouca sorte, xa que foi obrigado a se suicidar.

No ano 311, Galerio morre de morte natural. Pouco antes de morrer fai público un edicto de tolerancia para os cristiáns, emitido en Serdica, permitindo a reconstrucións das igrexas e o culto. Tal troco na súa actitude crese que foi debido á terrible enfermidade (posiblemente cancro) que o levou a pedir axuda ao Deus dos cristiáns.

Imperio Romano

Segue a:
Constancio I Cloro
Galerio
Precede a:
Flavio Severo
Tetrarquia