[go: up one dir, main page]

Gandesa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, e é a capital da comarca da Terra Alta, situada no centro desta. Ata 1923 foi distrito electoral (xunto a Tortosa e Roquetes) escollendo un deputado a Cortes.

Modelo:Xeografía políticaGandesa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°03′07″N 0°26′20″L / 41.052071, 0.438887
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialTerres de l'Ebre
ComarcaTerra Alta Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalGandesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.140 (2023) Editar o valor en Wikidata (44,1 hab./km²)
Número de fogares168 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
DioceseDiocese de Tortosa Editar o valor en Wikidata
Superficie71,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porEl Canaletes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude363 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPuig Cavaller (en) Traducir (706 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
novembro de 1938Siege of Gandesa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataCarles Luz Muñoz (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43780 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE43064 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT430640 Editar o valor en Wikidata

Sitio webgandesa.cat Editar o valor en Wikidata

Como cabeza comarcal é sede do Consello Comarcal e duns xulgados de primeira instancia. Posúe tamén un instituto e unha escola de capacitación agraria.

Demografía

editar
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006
3.767 3.250 3.094 2.807 2.831 2.736 3.090

Economía

editar

Unha actividade económica importante do municipio é a produción vinícola. A localidade é a sede do Consello regulador da denominación de orixe Terra Alta. Tamén se cultivan cereais de secaño, amendoeiras e oliveiras (o aceite da Terra Alta goza do recoñecemento dunha denominación de orixe protexida).

Cabe destacar que hoxe en día perdeu importancia a actividade agrícola, gañando importancia a industria, principalmente a de manipulación de papel e cartón.

Historia

editar

Gandesa foi o escenario de combates das guerras carlistas, durante as cales chegou a ser cercada ata sete veces polo xeneral Ramón Cabrera, e da batalla do Ebro durante a guerra civil española.

Lugares de interese

editar
  • Sitio arqueolóxico do Coll do Mouro. Trátase dun asentamernto da tribo ibérica dos ilercavones situado nos arredores da poboación.
  • Igrexa da Asunción, con elementos románicos.
  • Palacio do Castelán, con elementos arquitectónicos dos ss. XIII e XIV.
  • Cooperativa agrícola. De estilo modernista, é unha das mellores obras do arquitecto Cèsar Martinell xunto á cooperativa agrícola de o Pinell de Brai e foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pola Generalitat de Cataluña.
  • Centro de Estudos da Batalla do Ebro.
  • A Fontcalda, a 13 km do pobo. É unha paraxe natural de gran beleza, a beiras do río Canaletas.
  • Serra de Pandols. Lugar desde onde se pode gozar dunha magnifica vista e contemplar o Monumento á Paz que se construíu para recordar aos combatentes que morreron nestas paraxes durante a Batalla do Ebro da Guerra Civil (1938-1939).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar