[go: up one dir, main page]

Francisco González Galán

futbolista e adestrador galego


Francisco González Galán, coñecido como Paco González, nado na Coruña14 de febreiro de 1897 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1976, foi un futbolista, adestrador e artista galego.[1]

Modelo:BiografíaFrancisco González Galán
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1897 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1913–1914 Real Club Coruña
1914–1919   Deportivo da Coruña
1919–1922   Real Madrid CF
1922–1924   RCD Espanyol
1924–1925   Elche CF
1925–1926   Real Madrid CF
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1924–1925   Elche CF
1926–1929 Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega
1929–1930   Deportivo da Coruña
1931–1933 CD Nacional de Madrid (en) Traducir
1933–1934   Elche CF
1934–1935   Real Zaragoza
1935–1936   Racing de Santander
1943–1944 UD Salamanca
1944–1945 Club Deportivo Eldense Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDavid Ricardo Francisco González Suárez Editar o valor en Wikidata

Xogaba como interior dereito ou dianteiro centro e xogou nos dous principais equipos coruñeses da súa época, o Real Club Coruña e o Deportivo da Coruña. Fóra de Galicia xogou no Espanyol e foi o primeiro futbolista profesional do Real Madrid.

Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu entre 1929 e 1930, pasando logo por varios equipos, entre os que destaca o Racing de Santander, co que logrou un cuarto posto na tempada 1935/36 da Primeira división, antes de sufrir problemas mentais que provocaron que fose internado durante anos no sanatorio de Conxo.

Home polifacético, foi tamén pintor, poeta e compositor de numerosas muiñeiras e pasodobres.

Traxectoria

editar

Como futbolista

editar

Comezou a súa carreira no modesto Club Celita da Coruña e no Arriola e en 1913 pasou ao Real Club Coruña, co que xogou ata 1918.[2][3][4][5][6] Destinado en Madrid para realizar o servizo militar,[7] fichou en 1919 polo Real Madrid, onde militou ata 1922.[8][9][10] No equipo madrileño coincidiu con xogadores como Santiago Bernabéu ou Monjardín e disputou a Copa do Rei, chegando ás semifinais na edición de 1921/22.

A continuación xogou dúas tempadas no Espanyol, club que lle pagou 3.000 pesetas pola súa fichaxe e outras mil mensuais.[11] Alí compartiu equipo co histórico gardameta Zamora, co que teceu unha grande amizade e que sería anos máis tarde padriño do seu fillo David Ricardo.[10][7][12] Durante eses anos e os seguintes xogou tamén numerosos encontros co Deportivo da Coruña, e as súas grandes actuacións valéronlle ser homenaxeado polo club,[13][14][15]

En 1924 fichou polo Elche CF, onde exerceu como xogador-adestrador.[16][17] En xaneiro de 1925, xogando co Deportivo, rompeu unha clavícula nun duro derbi contra o Celta de Vigo no campo de Coia, correspondente á tempada 1924/25 do Campionato de Galicia.[18][19] Ese mesmo ano regresou ao Real Madrid, por petición expresa de Bernabéu, e contribuíu a que o equipo gañase o Campionato Rexional Centro.[7] Foi o primeiro futbolista profesional do club branco.[11] Na tempada 1926/27 fichou como xogador-adestrador da Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega,[7] onde xogou unha tempada antes de colgar as botas, continuando logo dúas tempadas como adestrador.

Como adestrador

editar

En agosto de 1929 converteuse no novo técnico do Deportivo da Coruña, funcións que viña realizando ata entón o boxeador Andrés Balsa.[20] O equipo dispoñíase a comezar a segunda tempada da Segunda división e, ao igual que na campaña anterior, a Paco González fíxoselle unha ficha como xogador por se fose necesaria a súa participación nalgún partido, cousa que sucedeu na terceira xornada ante o Valencia, por mor das lesións de Eguía e Ramón González, así como nalgún partido do Campionato de Galicia.[21]

Deixou o Deportivo en 1930 e ao ano seguinte fichou polo Nacional de Madrid,[22] ao que adestrou durante dúas tempadas antes de regresar en 1933 ao Elche.[7] Na tempada 1934/35 adestrou o Zaragoza en Segunda, e alcanzou os cuartos de final da Copa do Presidente da República, mentres que na campaña seguinte debutou en Primeira división, a cargo do Racing de Santander, co que acadou a cuarta praza final, só por detrás de Athletic de Bilbao, Real Madrid e Oviedo.

Guerra civil e posguerra

editar

En Santander tivo un enfrontamento con Roberto Álvarez Eguren, ex xogador do Racing e dirixente do PSOE. Este foi nomeado presidente do Tribunal Popular de Santander co estalido da guerra civil e enviou a Paco González á cadea. Alí o adestrador sufriu un episodio de obsesión maníaco persecutoria e tentou suicidarse. Coa entrada das tropas franquistas na cidade foi enviado ao Sanatorio de Conxo, debido ao seu mal estado mental.[7] En xuño de 1940 as autoridades da institución deixárono saír para presenciar un partido entre o Deportivo e o Compostela Sporting,[23] e pouco despois foi nomeado adestrador do equipo santiagués,[24] que contaba entre as súas filas con varios presos políticos aos que tamén se lles deixaba saír só para xogar os encontros.[25][26]

En 1942 saíu definitivamente do sanatorio e o 3 de xaneiro de 1943 realizóuselle unha homenaxe no Estadio de Riazor, onde se enfrontou o Deportivo da Coruña, con varios veteranos nas súas filas como Pepe Torres, Sarasquete ou Diz, contra unha selección galega reforzada co seu amigo Zamora, retirado dende había anos.[27][28][29] En xullo dese mesmo ano asinou contrato coa UD Salamanca,[30] á que adestrou durante unha campaña antes de fichar polo Eldense.[31] En 1946 regresou a Compostela para adestrar o Club Santiago.[32] En xuño de 1947 recibiu unha homenaxe no campo de Santa Isabel, onde se enfrontaron o Santiago e o Club Arenal. Paco González disputou dito encontro nas filas do Santiago, formando dianteira cos veteranos Ramón Polo e Vicente Rey.[33] En agosto deixou o equipo.[34]

Outras actividades

editar

Home polifacético,[35] foi ademais pintor,[36] poeta e compositor de muiñeiras e pasodobres como "Tiempos pasados",[37] "Mi brindis",[38] "Risa y llanto de España",[39] "Coruña bonita",[40] "Terra meiga"[41], "Vals azul",[42] "Vinde a bailar"[43] ou "Coitado", esta última dedicada á memoria de Xosé Baldomir.[44] Realizou varias composicións para a coral Follas Novas, entre elas "Como ch'eu quero" con letra de Leandro Carré Alvarellos e harmonizada por Manuel Fernández Amor.[45]

Familia

editar

Casou en 1931 con María Suárez Vicent,[46] e tiveron tres fillos. Un deles, David Ricardo, coñecido como Caito ou Kaito, foi tamén futbolista e xogou no Fabril, onde coincidiu con Carlos Torres e Arsenio,[47] e no Arsenal de Ferrol, antes de chegar á Segunda división, categoría na que militou no Salamanca, o Caudal e o Hércules.[48] Posteriormente militou no Xuvenil.

  1. "La Coruña, murió Paco González". ABC (en castelán). 20 de febreiro de 1976. p. 59. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  2. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1915. p. 1. 
  3. "De Sport". El Ideal Gallego (en castelán). 16 de abril de 1917. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  4. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 1917. p. 1. 
  5. "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 1918. p. 1. 
  6. "El "Coruña" vence al "España" de Barcelona por dos goals a uno". El Correo Gallego (en castelán). 23 de xullo de 1918. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Paco González, el forjador de los ‘Alifantes’". As (en castelán). 13 de marzo de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  8. "Datos do xogador no Espanyol". Periquito.cat (en catalán). Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  9. "Datos do xogador no Real Madrid". elaguanis.com (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "De Sport". El Progreso (en castelán). 11 de xullo de 1922. p. 2. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "Tres mil pesetas cobró Paco González por su fichaje en el Español". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1963. p. 4. 
  12. "Ráfagas". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de maio de 1932. p. 5. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  13. "Homenaje a Paco González". El Ideal Gallego (en castelán). 28 de agosto de 1923. p. 8. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  14. "El partido de hoy". El Ideal Gallego (en castelán). 2 de setembro de 1924. p. 8. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  15. "Paco González". Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 1925. p. 16. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  16. "Los últimos partidos en Alicante". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de marzo de 1925. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  17. "Equipiers del Real Club Deportivo". Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1925. p. 21. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  18. "En el emocionante match Deportivo-Celta vence éste por 3 a 0". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de xaneiro de 1925. p. 6. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  19. "Hablando con Paco González". Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1925. pp. 10–12. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  20. "Paco González, entrenador del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 21 de agosto de 1929. p. 4. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  21. "Altas en el Deportivo. Solla y Eguía ya firmaron". El Ideal Gallego (en castelán). 15 de outubro de 1929. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  22. "Paco González, entrenador del Nacional". El Ideal Gallego (en castelán). 27 de agosto de 1931. p. 5. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  23. "El Deportivo venció en Santiago por 4-2". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 1940. p. 3. 
  24. "Deportes". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de agosto de 1940. p. 3. 
  25. "Santa Isabel: cuartel, prisión franquista y estadio en Santiago" (en castelán). 1 de decembro de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  26. "Paco González, entrenador del Compostela". El Correo Gallego (en castelán). 7 de setembro de 1941. p. 6. Consultado o 3 de xuño de 2021. 
  27. "El homenaje a Paco González". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 1942. p. 3. 
  28. "El beneficio a Paco González constituyó un éxito rotundo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 2. 
  29. "Empata a tres Deportivo y Selección Gallega". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  30. "Paco González, entrenador del Salamanca". El Correo Gallego (en castelán). 31 de xullo de 1943. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  31. "Ayer llegó Paco González a la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 1944. p. 2. 
  32. "Paco González entrenará al Club Santiago". La Noche (en castelán). 21 de agosto de 1946. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  33. "Partido beneficio a Paco González". La Noche (en castelán). 9 de xuño de 1947. p. 3. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  34. "Paco González". La Noche (en castelán). 5 de agosto de 1947. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  35. "Pasodoble gallego". El Correo Gallego (en castelán). 6 de outubro de 1953. p. 6. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  36. "Belleza y arte en Bayona La Real". El Pueblo Gallego. 22 de outubro de 1970. p. 15. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  37. ""Tiempos pasados"". El Correo Gallego (en castelán). 4 de maio de 1947. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  38. "El Madrid ganó por 2-1 al Norrkoping". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 1952. p. 2. 
  39. "Un pasodoble de Paco González". La Noche (en castelán). 13 de febreiro de 1961. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  40. ""Nito" estrenará hoy su nuevo apropósito". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 1956. p. 2. 
  41. "Un pasodoble de Paco González". La Voz de Galicia. 26 de agosto de 1950. p. 5. 
  42. "Exito de Paco González". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1952. p. 2. 
  43. "Brillante actuación de la polifónica "Follas novas"". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1953. p. 2. 
  44. "Hoy, conciertos de «Follas Novas» en el Rosalía". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 1948. p. 3. 
  45. "Regalo de una partitura al coro "Follas Novas"". La Noche (en castelán). 22 de novembro de 1957. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  46. "Matrimonios". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1931. p. 7. 
  47. "Ante la visita del Fabril". El Correo Gallego (en castelán). 9 de maio de 1951. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  48. "El hijo de Paco González, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 4. 7 de xullo de 1959.