Francisco Coello de Portugal y Quesada
Francisco Coello de Portugal y Quesada, nado en Xaén o 26 de abril de 1822[1] e finado en Madrid o 30 de setembro de 1898[2], foi un cartógrafo e militar español. Foi o autor de Atlas de España y sus posesiones de Ultramar,[3] a súa obra cume,[4][5] así como membro da Xunta Xeral de Estatística —na que participou na planificación dun catastro xeral para España—, da Real Academia da Historia e da Real Sociedade Xeográfica. Ostentou ademais o título de Cabaleiro da Orde de San Fernando e a Gran Cruz do Mérito Militar.[6] Foi un dos cartógrafos máis destacados de España no século XIX.[7] Retirouse do Exército co rango de coronel.[8]
Retrato de Francisco Coello. | |
Nome orixinal | Francisco Coello de Portugal y Quesada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de abril de 1822 Xaén, España |
Morte | 30 de setembro de 1898 (76 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Academy of Military Engineering of Hoyo de Manzanares (Madrid) (en) |
Actividade | |
Ocupación | Cartógrafo e enxeñeiro militar |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Familia | |
Irmáns | Diego Coello de Portugal y Quesada |
Descrito pola fonte | Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) , (sec:Coello de Portugal y Quesada, Francisco, p.193-194) El Ochocientos. Profesiones e instituciones civiles (pt) |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarFillo de Diego Coello de Portugal y García del Castillo e de Josefa Quesada y Vial,[9] tivo sete irmáns[10], entre eles Diego Coello de Portugal y Quesada, que chegaría a ser embaixador de España en Roma.[11] Entre 1836 e 1839 estudou na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara, tras o que obtería o grao de tenente.[12] En 1840 participou nos últimos momentos da primeira guerra carlista, na rexión de El Maestrat, a carón do xeneral Espartero[13]; a súa actuación veríase premiada coa concesión da Cruz de San Fernando en 1841.[14] Ao acabar a guerra comezou a súa colaboración como cartógrafo con Pascual Madoz.[14] Con todo, esta viuse interrompida en 1844 tras marchar Coello a Alxeria como agregado militar do exército francés, onde permanecería dous anos.[15] Dise que puido ser esta estancia africana a que inculcou e potenciou nel o seu interese pola cartografía,[16] e grazas a ela elaborou ademais un atlas con trinta mapas de Tunisia e Alxeria.[17]
Atlas de España y sus posesiones de Ultramar
editarÁ volta de África continuou colaborando estreitamente con Pascual Madoz e o seu soado Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, no que Coello ocupábase da cartografía, publicada nunha obra á parte titulada Atlas de España y sus posesiones de Ultramar,[18] que incluía mapas de todas as provincias de España a unha escala de 1:200.000.[14] En concreto, Francisco Coello e Pascual Madoz solicitaron en 1847 ao Concello de Madrid a base cartográfica dun plano da cidade a escala 1:1.250, terminado de confeccionar en 1846 polos enxeñeiros de camiños Merlo, Gutiérrez e Ribera —proxecto dirixido por Mesonero Romanos— para engadilo ao Atlas, no cal o incluirían finalmente cunha escala 1:5.000,[19] en 1849.[20] Este plano foi designado máis tarde polo Concello madrileño como «Plano Oficial da Vila».[20] O Atlas foi a primeira obra en reflectir a nova división territorial do país de 1833.[21]
O formato pretendido de cada mapa provincial era de 100 x 75 cm, cun total de 65 follas. Con todo, non se completou o proxecto e os mapas de once provincias quedaron sen realizarse, aínda que se confeccionaron mapas da África española e de distintas posesións de ultramar.[22] As follas contaban cun mapa provincial —a base do documento—, planos pequenos a menor escala de diferentes cidades da provincia —dispostos nos laterais das follas— e pequenas anotacións textuais incluídas por Madoz.[22] O procedemento levado a cabo na elaboración dos mapas consistía no debuxo das follas por parte de Coello[a] e un posterior gravado con buril sobre ferro de aceiro,[21] en detrimento do uso de técnicas litográficas, as cales si empregou puntualmente noutras obras súas de menor importancia.[24] Finalmente tinguíase a placa e procedíase á impresión en papel.[25] A publicación das follas foi individual, segundo se ían finalizando, e tivo lugar entre 1847 e 1870,[25] sendo os anos 1851 e 1852 os máis prolíficos en canto a publicación de follas, con cinco delas cada un.[26] O labor de Coello consistía en levar a cabo un traballo de investigación e recompilación de planos ou outras fontes e o posterior debuxo dos novos mapas a partir daquelas, con moi pouco traballo de campo.[17] A subvención gobernamental para a elaboración do Atlas cortouse definitivamente por mor da publicación da primeira folla do Mapa Topográfico Nacional en 1875, polo que o proxecto quedou a medio acabar.[27] O Atlas de España y sus posesiones de Ultramar representa en calquera caso un punto clave no desenvolvemento da cartografía en España e moitos anos máis tarde segue tendo un valor único para o estudo da evolución urbana de moitas cidades españolas,[28] sendo mesmo empregado como obra de referencia na elaboración de proxectos urbanísticos.[29]
Proyecto de las líneas generales de navegación y de ferrocarriles en la Península Española
editarO 19 de outubro de 1849, Francisco Coello casou con Aurora Pacheco Casani, nove anos máis nova ca el, con quen tivo catro fillos: Adolfo, Gonzalo, Carlos e Aurora.[1] Grazas á súa boa relación con Zarco del Valle, Coello conseguiu acceso aos fondos do Depósito Topográfico de Enxeñeiros, onde atopaba material cartográfico de interese para o seu Atlas.[30] En 1855 elaborou a monografía Memoria: Proyecto de las líneas generales de navegación y de ferrocarriles en la Península Española,[31][32] que trazaba as directrices a seguir no desenvolvemento das infraestruturas de transporte en España[33] e que propugnaba unha concepción integral do sistema de estradas, ferrocarrís, canles e ríos.[34] Defendeu unha configuración da rede ferroviaria con compoñentes tanto radiais como transversais, indo máis aló de todos os plans elaborados até aquel entón, cuxa estrutura fora sempre radial;[35] ademais cría que o desenvolvemento dun bo sistema de comunicacións podía constituír un vehículo para achegar politicamente a España e Portugal, en liña coa súa convicción iberista.[36]
Xunta Xeral de Estatística
editarEn abril de 1858, Coello ingresou na Comisión de Estatística Xeral do Reino, onde máis tarde entraron a formar parte tamén Laureano Figuerola ou o propio Madoz.[37] Alí exerceu inicialmente como vogal[37] e colaborou[b] na elaboración dun estudo co fin de realizar en España un «Catastro Topográfico Parcelario»,[40] que servise de apoio á Facenda pública. Esta dependía do deficiente sistema de listas onde constaban os nomes dos titulares e os seus respectivos bens,[c] cuxa información proviña das declaracións dos propios propietarios e era, por tanto, de veracidade dubidosa.[38] En 1859 participou na redacción da Lei de Medición do Territorio.[41]
En 1861 esta comisión pasou a denominarse Xunta Xeral de Estatística, baixo dirección de Alejandro Oliván,[42] a cal contaba con tres seccións claramente diferenciadas: a de «operacións xeográficas», a de «mapas especiais» e a de «operacións topográfico-catastrais», encomendadas respectivamente a Francisco de Luxán, Agustín Pascual e Francisco Coello;[43] estas tres evolucionarían cinco anos despois até a formación da sección de Estatística e a de Operacións Xeográficas.[44] O proxecto catastral ideado por Coello foi quizais demasiado rigoroso, detallista e impracticable, pola súa minuciosidade e precisión;[45] os traballos levados a cabo tiveron lugar principalmente en municipios da provincia de Madrid.[46] A Xunta Xeral de Estatística tivo serios problemas de financiamento, polos recortes orzamentarios do Goberno que sufriu ao longo da década de 1860.[47] En 1866, co regreso ao goberno de Narváez, produciuse outro profundo recorte á Xunta, que deviría na dimisión forzada do xeógrafo xienense.[48] Ese mesmo ano Coello solicitou ademais a baixa definitiva no exército.[49]
Últimos anos
editarDesde 1855 Coello fora propietario dunha propiedade coñecida como «Los Hervideros de Fuensanta» —na que se incluía un balneario e adquirida en poxa pública— preto da localidade ciudadrealeña de Pozuelo de Calatrava.[50] Neste contexto fixéronse patentes os problemas económicos que padecía Coello xa cara a 1864, os cales provocaron finalmente que perdese a propiedade da leira por mor das débedas o 1 de xaneiro de 1869.[51]
O 27 de decembro de 1874 entrou a formar parte da Real Academia da Historia,[27] onde ocupou a «Medalla 1» en substitución de Francisco de Paula Quadrado.[6] En marzo de 1876, Francisco Coello foi o principal impulsor e un dos membros fundadores[d] da Sociedade Xeográfica de Madrid[52][54] —máis tarde Real Sociedade Xeográfica—, da que practicamente podería considerarse primeiro presidente.[e] Tiña como obxectivo pór a España ao mesmo nivel doutros territorios e cidades europeas como París, Berlín ou Londres, que xa contaban desde a década de 1820 coas súas respectivas sociedades xeográficas;[56] neste sentido o mesmo Coello afirmou sentir vergoña de que ningún español «sentase» na mesa presidencial do Congreso Xeográfico de París de 1875.[52] Entre os boletíns que a Sociedade emitía de forma mensual incluíanse planos do propio Coello.[57]
En palabras de Rodríguez Esteban, Coello «fixo da Sociedade Xeográfica de Madrid o reflexo das súas intencións e da súa actividade, procurando en todo momento situar o labor da Sociedade no campo da esfera científica, da investigación e da propaganda teórica».[58] Tamén defendeu firmemente o interese que debía ter España na ocupación de territorios no norte de África,[59] en concreto o «Cabo da Auga».[60] Nesta liña de africanismo cabe destacar que formou parte, xunto ao rexeneracionista Joaquín Costa, da «Sociedade Española de Africanistas e Colonialistas», fundada en 1883[61] e cuxa creación fora xa proposta por Coello en 1881.[55] Tamén se mostrou crítico coa Alemaña de Bismarck pola crise das Carolinas en 1885.[62] Coello ostentou o cargo de presidente honorífico da Sociedade desde o 15 de outubro de 1878[f] até a súa morte en 1898,[58] na rúa Serrano nº 23.[6] Foi enterrado no cemiterio sacramental de San Justo, nunha cerimonia á que acudiu Antonio Aguilar y Correa en calidade de representante da Real Academia da Historia,[64] ademais dos xenerais Azcárraga, Polavieja e Chinchilla.[65]
Obras de Francisco Coello
editar- Proyecto de las líneas generales de navegación y de ferro-carriles en la península Española (1855). Imp. de Tomás Nuñez Amor.
- Reseñas geográfica, geológica y agrícola de España (1859) Imprenta Nacional.
- La conferencia de Berlín y la cuestión de las Carolinas: Discursos (1885) .Imprenta de Fortanet.
Notas
editar- ↑ Isto levaba ao cartógrafo xienense da orde de varios meses por cada folla.[23]
- ↑ Xunto a outras personalidades da época, como Francisco de Luxán, Celestino del Piélago[38] ou Juan Bautista Trupita.[39]
- ↑ Catálogo ou lista na que quedaban recollidos os propietarios de terras e bens inmobles xunto as súas respectivas posesións.
- ↑ Xunto a Eduardo Saavedra,[52] Carlos Ibáñez de Ibero[52] ou Carlos María de Castro,[53] entre outros.
- ↑ En realidade foi Fermín Caballero, pero este morreu moi pronto, en xuño de 1876.[55]
- ↑ Ano no que se fixo coa presidencia Joaquín Gutiérrez Rubalcava.[63]
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 Nicás Moreno 1998, p. 113.
- ↑ Martín López 1998, p. 64.
- ↑ Martín López 1998, p. 45.
- ↑ López Gómez 1998, p. 69.
- ↑ Guerrero Villalba 1998, p. 614.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Varios autores 1979, p. 26.
- ↑ Alcázar Molina 2006, pp. 11-12.
- ↑ Muro Morales 2007, p. 641.
- ↑ Nicás Moreno 1998, p. 112.
- ↑ Nicás Moreno 1998, pp. 112-113.
- ↑ García Sanz 2002, p. 259.
- ↑ Martín López 1998, p. 48.
- ↑ López Gómez 1998, p. 74.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Martín López 1998, p. 49.
- ↑ Martín López 1998, p. 45, 50.
- ↑ López Gómez 1998, p. 70.
- ↑ 17,0 17,1 Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 212.
- ↑ Martín López 1998, p. 49-51.
- ↑ Mora Palazón 1998, p. 553.
- ↑ 20,0 20,1 Mora Palazón 1998, p. 554.
- ↑ 21,0 21,1 Guerrero Villalba 1998, p. 615.
- ↑ 22,0 22,1 Guerrero Villalba 1998, p. 616.
- ↑ Guerrero Villalba 1998, p. 626.
- ↑ Guerrero Villalba 1998, p. 620.
- ↑ 25,0 25,1 Guerrero Villalba 1998, p. 627.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 213.
- ↑ 27,0 27,1 Martín López 1998, p. 61.
- ↑ Hernández Fernández 1998, p. 592.
- ↑ Hernández Fernández 1998, p. 595.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 214.
- ↑ Vidal Raich 1994, p. 105.
- ↑ Coello y Quesada 1855, p. Todo el documento.
- ↑ Vidal Raich 1994, pp. 105-106.
- ↑ Vidal Raich 1994, p. 106.
- ↑ Vidal Raich 1994, p. 107.
- ↑ Vidal Raich 1994, p. 108.
- ↑ 37,0 37,1 Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 215.
- ↑ 38,0 38,1 Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 216.
- ↑ Alcázar Molina & Ruiz Capiscol 1998, p. 270.
- ↑ Alcázar Molina & Ruiz Capiscol 1998, p. 276.
- ↑ Sanz García 1998, p. 238.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 218.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, pp. 218-219.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 219.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, pp. 220-221.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, pp. 222-224.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, pp. 225-226.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, pp. 210, 226-227.
- ↑ Nadal i Piqué & Arteaga Fernández 1998, p. 227.
- ↑ Barrera Morate 2000, pp. 91-92, 106-107.
- ↑ Barrera Morate 2000, pp. 106-108.
- ↑ 52,0 52,1 52,2 52,3 Sanz García 1998, p. 240.
- ↑ Sanz García 1998, p. 241.
- ↑ Martín López 1998, p. 61, 62.
- ↑ 55,0 55,1 Martín López 1998, p. 62.
- ↑ Sanz García 1998, pp. 232-233.
- ↑ Sanz García 1998, p. 242.
- ↑ 58,0 58,1 Rodríguez Esteban 1996, p. 64.
- ↑ Villanova Valero 1999, pp. 170, 175, 177.
- ↑ Villanova Valero 1999, pp. 175.
- ↑ Marchán Gustems 2011, pp. 479-480.
- ↑ Coello y Quesada 1885, pp. 31-35.
- ↑ Sanz García 1998, p. 245, 246.
- ↑ López Gómez 1998, p. 71.
- ↑ "Entierro de D. Francisco Coello". La Época (17.357): 2. 1 de outubro de 1898. ISSN 2254-559X.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Coello de Portugal y Quesada |
Bibliografía
editarBibliografía citada
editar- Alcázar Molina, Manuel G. (2006). "Cartografía catastral en España". Estudios geográficos 67 (260): 7–34. ISSN 0014-1496.
- Alcázar Molina, Manuel G.; Ruiz Capiscol, Salvador (1998). "Don Francisco Coello y el Catastro del siglo XIX en España". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 261–306. ISSN 0561-3590.
- Barrera Morate, José Luis (2000). "Los hervideros de Fuensanta. Historia de sus orígenes y desarrollo en el siglo XIX" (PDF). Cuadernos de Estudios Manchegos (23-24): 91–119. ISSN 0526-2623. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- García Sanz, Fernando (2002). España e Italia en la Europa contemporánea: desde finales del siglo XIX a las dictaduras. CSIC. p. 502. ISBN 9788400080433.
- Guerrero Villalba, Carmen (1998). "El atlas de Francisco Coello en el contexto del grabado de reproducción y la estampa culta del siglo XIX". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 601–636. ISSN 0561-3590.
- Hernández Fernández, Miguel Ángel (1998). "La cartografía de Coello. Legado imprescindible para poder interpretar la evolución y desarrollo de las ciudades". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 591-599. ISSN 0561-3590.
- López Gómez, Antonio (1998). "Documentos sobre Coello en la Real Academia de la Historia". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 67–106. ISSN 0561-3590.
- Marchán Gustems, Jesús (2011). "Costa, los congresos africanistas y la colonización agrícola en Marruecos". Regenerar España y Marruecos. Ciencia y Educación en las relaciones hispano-marroquíes a finales del siglo XIX (PDF). p. 465. ISBN 978-84-00-09361-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- Martín López, José (1998). "Francisco Coello y su obra" (PDF). Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 45–66. ISSN 0561-3590.
- Mora Palazón, Alfonso (1998). "El plano de Madrid de 1849, declarado "Plano Oficial de la Villa"". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 553–562. ISSN 0561-3590.
- Muro Morales, José Ignacio (2007). "Apuntes biográficos: Coello de Portugal y Quesada, Francisco". En Manuel Silva Suárez. El ochocientos: profesiones e instituciones civiles (PDF). volumen V de Técnica e Ingeniería en España. Zaragoza: Real Academia de Ingeniería / Institución Fernando el Católico / Prensas Universitarias de Zaragoza. p. 641. ISBN 978-84-7820-921-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- Nadal i Piqué, Francesc; Arteaga Fernández, Luis (1998). "Francisco Coello en la Junta de Estadística". Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 209–230. ISSN 0561-3590.
- Nicás Moreno, Andrés (1998). "Genealogía de don Francisco Coello de Portugal y Quesada" (PDF). Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 107–122. ISSN 0561-3590.
- Rodríguez Esteban, José Antonio (1996). Geografía y colonialismo: la Sociedad Geográfica de Madrid (1876-1936). Madrid: Edicións da Universidade Autónoma de Madrid. p. 412. ISBN 9788474776072.
- Sanz García, José María (1998). "Francisco Coello de Portugal, su acción en la Sociedad Geográfica de Madrid entre 1876-1898" (PDF). Boletín del Instituto de Estudios Giennenses (169): 231–260. ISSN 0561-3590.
- Varios autores (1979). "Catálogo de sus individuos. 183.—D. Francisco Coello de Portugal y Quesada". Boletín de la Real Academia de la Historia (Real Academia de la Historia). CLXXVI (I): 26–27. ISSN 0034-0626.
- Vidal Raich, Esther (1994). "El mapa de comunicaciones de Francisco Coello (1855)". Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles (19): 105–112. ISSN 0212-9426.
- Villanova Valero, José Luis (1999). "La Sociedad Geográfica de Madrid y el colonialismo español en Marruecos (1876-1956)" (PDF). Documents d'anàlisi geogràfica (34): 161–187. ISSN 0212-1573.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Obras dixitalizadas de Francisco Coello na Biblioteca Dixital Hispánica da Biblioteca Nacional de España.
Predecesor: Francisco de Paula Quadrado y de Roo |
1874 - 1898 |
Sucesor: Adolfo Carrasco y Sáyz |