[go: up one dir, main page]

Fonteo, Baleira

parroquia civil do concello de Baleira

Santa María de Fonteo é unha parroquia do concello de Baleira. Segundo o IGE en 2013 tiña 64 habitantes.

Fonteo
Igrexa parroquial
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°03′N 7°15′O / 43.05, -7.25
Área4,22 km²
Poboación54 hab. (2019)
Densidade12,8 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Ten unha superficie de 4,22 km², e unha altitude media de 600 m. Limita ao norte coa Braña, ao sur con Librán, ao leste con Cubilledo e ao oeste con Montecubeiro (Castroverde). Os seus 64 habitantes están distribuídos en 4 núcleos e 4 lugares. As entidades de poboación son Castiñeiras (13), A Ferraría (15), Fonteo (32) e Río de Castro (4). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Barreiro, O Pibidal, Valdeirexe e A Veiguiña.

O seu nome deriva do nacemento do río Eo.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de Santa María de Fonteo é de tipo rural e pequenas dimensións, con muros de cachotería e cantería de granito e lousa, e cuberta de lousa a dúas e catro augas. O presbiterio e a nave están comunicados por medio dun arco triunfal de medio punto. O frontis culmina cunha espadana dun só van. No interior consérvase un só retablo na capela maior, de estilo barroco popular.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Fonteo

editar
Lugares da parroquia de Fonteo no concello de Baleira (Lugo)

O Barreiro | Castiñeiras | A Ferraría | Fonteo | O Pibidal | Río de Castro | Valdeirexe | A Veiguiña


Galería de imaxes

editar

Notas

Parroquias de Baleira

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar