FishBase
FishBase (Base de datos de peixes) é unha base de datos con información sobre peixes. En xuño de 2013 incluía a descrición de máis de 32.600 especies, 300 100 nomes vulgares en varios idiomas, 52 800 fotografías e 49 000 referencias de traballos na literatura científica, e tiña unha media de 700 000 visitas por mes.
Orixe e primeiros pasos
editarEn 1987, Daniel Pauly, inspirado polas Follas de Identificación de Especies (Species Identification Sheets) e outros produtos de Walter Fischer producidos para a FAO na década de 1970, propuxo crear unha base de datos estandarizada para especies de peixes, como parte do "ICLARM Software Project". O ano seguinte, Daniel comezou a traballar xunto con Rainer Froese, quen estivera traballando nun sistema experto para identificar larvas de peixes. Despois dun intento frustrado de construír un sistema utilizando Prolog, Froese cambiou a DataEase, unha base de datos relacional para DOS. En 1989 o proxecto recibiu o seu primeiro apoio económico institucional.
Descrición
editarEn 1993 o proxecto cambiou a Microsoft Access e, en 1995, produciu o primeiro CD-ROM, chamado "FishBase 100". Os comentarios nas revistas científicas, aínda que louvaron a idea e o alcance, destacaron que tiña numerosos ocos na información proporcionada. As edicións de CD posteriores fóronse sucedendo cunha frecuencia anual e a versión de FishBase 2004, polo seu volume requiría de cinco CD, ou dun DVD. Para poder visualizar o sistema require Windows 98 ou posterior, e non está dispoñíbel noutras plataformas como Mac OS X ou Linux.
FishBase estivo dispoñíbel na Web por primeira vez en agosto de 1996, e o ano seguinte contratou un webmaster. Isto fixo que toda a información da base de datos estivera dispoñíbel para consulta a través da rede.
A partir do ano 2000, FishBase é administrada polo FishBase Consortium. Este consorcio está formado por:
- Africamuseum, Tervuren (Brabante Flamengo, Bélxica)
- Aristotle University of Thessaloniki, Tesalónica
- Fisheries Centre University of British Columbia, Vancouver
- Food and Agriculture Organization of the United Nations, Roma
- IFM-GEOMAR, Kiel
- Muséum National d'Histoire Naturelle, París
- Swedish Museum of Natural History, Estocolmo
- WorldFish Center, Penang (Malaisia)
A medida que os especialistas en peixes foron sabendo da existencia de FishBase, cada vez máis de colaboradores enviaron contribucións (en xuño de 2013, 2.060 colaboradores). Para manter o seu valor como unha base de datos de carácter científico, non se permite engadir información orixinal en FishBase; todo o seu contido debe estar baseado en material que fora publicado con anterioridade.
Wikipedia e FishBase
editarFishBase é unha das referencias máis importantes das Wikipedias no concernente á ictioloxía e en particular á descrición e identificación dos peixes. Porén, na taxonomía, FishBase está moitas veces en desacordo con outra importante base de datos, o SIIT. Nestes casos, moitos editores nas diferentes Wikipedias presentan ambas as taxonomías nos seus artigos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bailly N (2010) Why there may be discrepancies in the assessment of scientific names between the Catalog of Fishes and FishBase Version 2, 6 May 2010.
- Bailly N, Reyes Jr R, Atanacio R and Froese R (2010) "Simple Identification Tools in FishBase" In: Nimis PL and Vignes Lebbe R. (eds) Tools for Identifying Biodiversity: Progress and Problems, pages 31–36. ISBN 978-88-8303-295-0.
- Christensen V, CJ Walters, R Ahrens, J Alder, J Buszowski, LB Christensen, WWL Cheung, J Dunne, R Froese, V Karpouzi, K Kaschner, K Kearney, S Lai, V Lam, MLD Palomares, A Peters-Mason, C Piroddia, JL Sarmiento, J Steenbeek, R Sumaila, R Watson, D Zeller and D Pauly (2009) Database-driven models of the world's Large Marine Ecosystems Ecological Modelling, 220(17): 1984–1996.
- Froese R (2011) "The science in Fishbase" In: Villy Christensen and Jay Maclean (eds) Ecosystem Approaches to Fisheries: A Global Perspective, Cambridge University Press, pages 47–54. ISBN 978-0-521-13022-6.
- Froese R and Pauly D (eds) (2000) FishBase 2000: concepts, design and data sources ICLARM, Philippines.
- Froese R and Pauly D (1994) "Fishbase as a tool for comparing the life history patterns of flatfish" Netherlands Journal of Sea Research, 32(3/4): 235–239.
- Nauen CE (2004) A public electronic archive on the world’s fishes in support of sustainable fisheries[Ligazón morta] CTA/Commonwealth Secretariat Seminar, Expert Meeting on ACP-EU Fisheries Relations, Brussels.
- Palomares, M.L.D., N. Bailly and D. Pauly (2009) FishBase, SeaLifeBase and database-driven ecosystem modeling p. 156-158. In: M.L.D. Palomares, L. Morissette, A. Cisnero-Montemayor, D. Varkey, M. Coll and C. Piroddi (eds.) Ecopath 25 Years Conference Proceedings: Extended Abstracts. Fisheries Centre Research Reports 17(3).
- Pauly D (1997) "The Science in FishBase" EC Fisheries Cooperation Bulletin, 10(2): 4–6.
- Robertson R (2008) "Global biogeographical data bases on marine fishes: caveat emptor" Diversity and Distributions, 14(6): 891–892.
- Ueberschär B and Teltow M (1999) "FishBase goes fishing"[Ligazón morta] Bulletin, 12(2–3): 38–39.