Feto
O feto é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, no período que transcorre desde o momento en que se completou a etapa embrionaria até antes de que se produza o nacemento.
Durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes.
Etimoloxía
editarA palabra feto vén do latín fetus, "parto", "alumbramento", "camada". Ás veces, en moitos idiomas, vese escrita como foetus ou fœtus, formas secundarias do latín científico debidas a unha hipercorrección, restituíndo un ditongo non etimolóxico (fetus está relacionado con fecundus, "fecundo", por tanto, a súa raíz é con -e).
Na especie humana
editarNa especie humana, como noutras de vertebrados, o feto xa pasou a etapa embrionaria, de formación de novos órganos, aparellos e sistemas, e pasa a fortalecelos, progresando no seu crecemento e desenvolvemento como ser humano.
Considérase que a etapa fetal comeza ao final da 8ª semana de 8 do embarazo.[1] A organoxénese está case completada. Os xenitais externos, porén, aínda non están diferenciados, o que non permite determinar o sexo do nascituris mediante ecografía.
As células nai comezan o proceso de creación da masa encefálica, o corazón e os pulmóns. Tamén se van formando as cavidades auditivas e, finalmente, formar as extremidades e os músculos e restantes órganos.
Notas
editar- ↑ Curso de embrioloxía en liña para o uso de estudantes de Medicina Arquivado 12 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. (en francés) Universidades de Friburgo, Lausana e Berna. Suíza.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Feto |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina referida ao desenvolvemento embrionario e fetal en Medlineplus. (en castelán) Consultada o 21/12/2012.
- Efeito do consumo de bebidas alcoólicas sobre o feto en VivaMais. (en portugués) Consultada o 21/12/2012.
- Prenatal Image Gallery en EHD. (en inglés) Consultada o 21/12/2012.
Predecesor: Embrión |
Feto | Sucesor: Infancia |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |