Fernando Botero
Fernando Botero Angulo, nado en Medellín o 19 de abril de 1932 e finado o 15 de setembro de 2023 en Mónaco,[1] foi un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Sendo el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos» [2], é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiro premio do `Salón de Artistas Colombianos '
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Fernando Botero Angulo 19 de abril de 1932 Medellín, Colombia |
Morte | 15 de setembro de 2023 (91 anos) Mónaco |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Pietrasanta (pt) |
Grupo étnico | Colombianos (pt) |
Educación | Universidade Nacional de Colombia Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura, arte figurativa e pintura |
Lugar de traballo | Bogotá México Nova York Pietrasanta (pt) París Alemaña Medellín |
Ocupación | pintor, ilustrador, debuxante, escultor, debuxante arquitectónico |
Período de actividade | 1947 - 2012 |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte figurativa, alegoría e retrato |
Movemento | Arte contemporánea |
Influencias | |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Sophia Vari (1978–2023), morte Gloria Zea (1955–1960) |
Fillos | Fernando Botero Zea () Gloria Zea |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Ao grao das súas numerosas viaxes en Estados Unidos e en Europa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súa natureza morta Naturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación [3]. Este estilo, que se pode observar tanto nas súas pinturas ou debuxos coma nas súas esculturas, permítelle non ser asociado a ningún movemento ou corrente, pasado ou presente. Por outra banda, a súa obra colle inspiración esencialmente da arte precolombiana e da arte popular.
Traxectoria
editarOrfo de pai aos catro anos, a súa nai criouno coa axuda dun tío, adepto apaixonado a corrida de touros. Aos dezaseis anos o xornal El Colombiano publica os seus primeiros debuxos. Nesta época, as principais influencias de Botero son a arte precolombiana así como as obras dos muralistas mexicanos tales como Diego Rivera (1886-1957), José Clemente Orozco (1883-1949) e David Alfaro Siqueiros (1896-1974). Os seus cursos en historia da arte fanlle igualmente descubrir aos pintores europeos, e sobre todo Pablo Picasso.
En xaneiro de 1951, voa para a capital, Bogotá, onde frecuenta diversas personalidades tales como o escritor colombiano Jorge Zalamea. Interésase igualmente pola literatura de Pablo Neruda (1904-1973) e de Federico García Lorca (1898-1936) e iníciase a corrente literaria do realismo máxico. Expón en 1951 e 1952, faise coñecer e vende algunhas teas. En agosto, grazas ao cadro Frente al mar, lévase o segundo premio do noveno Salón dos artistas colombianos [4]. De contado, cos cartos do premio decide unha viaxe en Europa.
Viaxes por Europa
editarEn agosto de 1952, despois dunha curta estanza en Barcelona, Botero vai a Madrid onde se matricula na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. No Museo do Prado, estuda as obras de mestres españois como Diego Velázquez e Francisco de Goya que van servirlle de modelos [5]..
Máis tarde, Botero efectúa unha curta estanza en 1953 en París, onde decepcionado polas obras contemporáneas do Musée d'art moderne de la Ville de Paris (Museo de arte moderna da Cidade de París), estuda os mestres antigos no Museo do Louvre [6].
Despois, sae a Italia, estuda alí as técnicas do fresco, atraído pola arte do Renacemento italiano, e copia algunhas obras de Giotto di Bondone e de Andrea del Castagno. Decátase igualmente da arte da pintura ó óleo. Interésase cada vez máis polo quattrocento a través, sobre todo, coa obra dos pintores Paolo Uccello e Piero della Francesca [7],[8]
Volta a América
editarEn marzo de 1955, Fernando Botero decide volver a Bogotá. A súa obra é condenada polas críticas. Co fin de poder vivir, Botero traballa temporalmente de vendedor de pneumáticos con traballos gráficos para a prensa [9]. En decembro, casa con Gloria Zea. En 1956 establecense en Cidade de México onde nace o primeiro fillo, Fernando.
En 1957, co cadro Naturaleza muerta con Mandolina, o artista descobre, por primeira vez, a posibilidade de dilatar as formas e de esaxerar os volumes. Acada así un estilo que lle é propio.
En abril deste mesmo ano, Botero vai a Washington para a súa primeira exposición persoal aos Estados Unidos.
En 1958, ano de nacemento da súa rapaza Lina, Botero é nomeado profesor de pintura á Academia de Belas Artes de Bogotá. Permanece en Bogotá ata 1960, ano do nacemento do seu segundo fillo, Juan Carlos. Mentres que a súa sona non deixa de medrar, os seus servizos son requiridos para ilustrar a novela do escritor Gabriel García Márquez titulada Tuesday Siesta (A sesta do martes),
En 1960, Botero abandona Colombia por terceira vez e sae vivir en Nova York. Logo de menos de cinco anos de vida común, separase da súa muller. En 1964, o artista casa con Cecilia Zambrano da cal se divorcia en 1975.
Polo mundo
editarA partir de 1967, Botero viaxa regularmente entre Colombia, Nova York e Europa. Visita así Italia e Alemaña onde estuda a obra do artista alemán do Renacemento Albrecht Dürer. Durante este período, Botero realiza tamén varias pinturas a partir do cadro Déjeuner sur l'herbe (O almorzo sobre a herba) de Édouard Manet.
En 1970, Pedro, o terceiro fillo de Botero, nace a Nova York. En 1973, Botero abandona os Estados Unidos e instálase en París onde realiza as súas primeiras esculturas. En 1974, o seu fillo Pedro, de catro anos de idade, morre nun accidente da estrada en España, no cal o pintor mesmo é ferido gravemente. A seguida dista traxedia, Botero realiza numerosas obras en memoria do seu fillo falecido.
Entre 1976 e 1977, Botero dedícase esencialmente á escultura, realizando vinte e cinco obras. En 1976, o presidente de Venezuela logo dunha retrospectiva da súa obra no museo de arte contemporánea en Caracas outórgalle a medalla Andrés Bello. O ano seguinte, casa con Sophía Vári igualmente pintor e escultor de estatuas monumentais. A parella Botero vive e traballa hoxe en París en Francia, pero tamén en Nova York nos Estados Unidos e en Pietrasanta preto de Lucques en Toscana (Italia).
Obra
editarTemas
editarOs seus temas predilectos son sobre todo as naturezas mortas, os nus femininos, os retratos de familia, as escenas de tauromaquia ou as da vida cotiá da sociedade colombiana. Botero introduce igualmente temas máis graves na súa obra tales como a violencia en Colombia ou as torturas sufridas polos prisioneiros do cárcere de Abu Ghraib.
Como numerosos outros pintores, Fernando Botero ama facer o seu autorretrato, pintándose así a miúdo disfrazado e vivindo noutra época.
Estilo
editarInspirado polas obras dalgúns pintores célebres, Botero baseouse nalgunhas para realizar algúns cadros, pero cun estilo particular. Pódense destacar os cadros Mona Lisa referido a Gioconda de Leonardo da Vinci, Infanta Margarita da personaxe principal das Meninas de Diego Velázquez ou Federico da Montefeltro confeccionado a partir dun óleo sobre madeira de Piero della Francesca. Botero explica nestas palabras a súa elección de copiar certas obras:
Elixir como modelo unha pintura doutro pintor, o que fago a miúdo, é medirse á potencia pictórica dunha obra. Se a posición estética que se ten é absolutamente orixinal respecto a aquela á cal un se confronta, a obra que se fai é ela mesma orixinal.Fernando Botero.[10]
Así e todo, para o conxunto da súa obra, Botero recoñece non traballar con modelos:
Nunca traballei con modelos. Un modelo para min constituiría unha limitación á miña liberdade de debuxar ou de pintar. Nunca puxen tres obxectos sobre unha mesa para facer unha natureza morta. Nunca me situei, tampouco, nun lugar particular para reproducir unha paisaxe. En realidade, non teño necesidade de nada diante de min. As miñas eleccións de personaxes son arbitrarias e todas son o froito da miña imaxinación.Fernando Botero nunha entrevista en 2007 [11]
Botero, a semellanza doutros artistas latinoamericanos de renome sufriu a influencia da arte europea. Mentres outros inspirábanse nas revolucións pictóricas da época, tal o cubismo, o pintor e escultor colombiano aproveitou a súa estanza en París para visitar os museos e inspirarse nos clásicos do Renacemento ata Ingres. O emprego de cores vivas e francas está tamén omnipresente nas pinturas de Botero.
Fernando Botero tivo que esperar a creación de Naturaleza muerta con Mandolina para obter un verdadeiro éxito. Esta tea representa un momento de importante mudanza porque fixa o seu estilo que é marcado sobre todo pola redondez dos seus personaxes. Así, Botero explica nestas palabras o nacemento da súa tecla artística persoal:
Intentara sempre expresar o monumental na miña obra. Un día, despois de traballar enormemente, collín un lapis por casualidade e debuxei unha mandolina de formas moi amplas como o facía sempre. Pero no momento de debuxar o burato no medio do instrumento, fíxeno moito máis pequeno e, de súpeto a mandolina tomou proporcións dunha monumentalidade extraordinaria (...)Fernando Botero [12]
Xeralmente, na obra de Botero, os seus personaxes non expresan sentimentos nin intención de expresalos, o artista conserva así unha postura de neutralidade afastada, mesmo cando fai o retrato de cardeais ou de xente poderosa [13]. Mario Vargas Llosa ata fala, no tocante as pinturas de Botero, dunha «carencia de dramatismo» e dunha « imperturbabilidade prerromántica » [14].. Na maioría dos homes e das mulleres realizados por Boteiro, e iso a pesar do seu peso, sae unha impresión de lixeireza, de axilidade e de graza. Finalmente, á cuestión «por que os seus personaxes son grosos», Botero responde:
Grosos, os meus personaxes? Non, teñen volume, é máxico, é sensual. E é iso o que me apaixona: reencontrar o volume ca pintura contemporánea esqueceu completamente (...)[15]
Escultura
editarEntre 1963 e 1964, Fernando Botero inténtase na escultura. Debido a restricións económicas que lle impiden traballar co bronce, fai as súas esculturas con resina acrílica e serraduras de madeira. Realiza sobre todo en 1964 Small Head (Bishop), unha escultura pintada con moito realismo. Con todo, a materia sendo demasiado porosa, non resiste ao tempo e a súa consistencia terrosa non convén a Boteiro que decide abandonar [16].
En 1973, despois dunha longa estanza en Nova York, Botero decide establecerse en París onde se inicia de novo na escultura co bronce como material. Para Botero, esta forma de arte é a prolongación natural do seu universo pictórico. De certo, os seus personaxes toman a plena medida grazas ao espazo en tres dimensións, as formas voluptuosas vólvense palpables e ofrecen o que o artista chama unha «alternativa poética á realidade». As obras esculturais de Fernando Botero teñen sobre todo fontes na arte do antigo Exipto ou nas primeiras culturas americanas. Pódese pensar tamén que se basean en certos cultos, as mulleres nuas que son un exemplo de fertilidade para ídolos prehistóricos ou as esfinxes sendo as gardiás dos templos do mundo antigo [16].
A súa paixón pola escultura é tan importante para o artista que consagra a iso os anos 1976 e 1977, período durante o cal crea vinte e cinco obras. En 1983, Fernando Botero instala un obradoiro en Pietrasanta en Italia, pobo coñecido pola abundancia de mármore branco e onde aprovisionábase Michelangelo así como pola calidade das súas fundicións. Traballa co bronce e o mármore. As súas esculturas, que poden ser de mui gran tamaño, expóñense, por exemplo a Florencia en 1991, na Avenida dos Campos Elisios en París en 1992 ou aínda na Park Avenue de Nova York en 1993. Tamén algunhas das súas esculturas establécense en espazos públicos de Lisboa, Madrid, Múnic, Singapur ou aínda Toquio e noutras cidades do mundo.
Botero en Galicia
editarUn exemplar da estatua de bronce Soldado romano instalouse nas aforas da Casa do Home na Coruña en 1995.[17]
No 2008, Caixa Galicia organizou unha exposición na Casa das Artes de Vigo que reuniu 95 obras pictóricas de Fernando Botero.[18][19],[20]
No 2010, o exemplar habitualmente instalado no aeroporto de Madrid-Barajas da escultura en bronce de Botero El rapto de Europa, expúxose durante uns meses na rúa do Vilar en Santiago de Compostela [21][22]
Notas
editar- ↑ "Morre aos 91 anos Fernando Botero, o artista colombiano das voluptuosas esculturas". g24.gal. 15 de setembro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ (en francés) « Fernando Botero » Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine., no sitio web SculptureModerne Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 25 de febreiro 2012.
- ↑ (en castelán) Naturaleza muerta con Mandolina Arquivado 04 de xuño de 2015 en Wayback Machine., no sitio web Arte y Galerias Arquivado 31 de decembro de 2011 en Wayback Machine. .Consultado o 25 de febreiro 2012.
- ↑ (en castelán) « Fernando Botero: biografía » no sitio web Biografías y Vidas. Consultado o 26 de febreiro 2012.
- ↑ (en inglés) « Botero in Berlin : biography » no sitio web boteroinberlin.com. Consultado o 26 de febreiro 2012.
- ↑ (en francés) Pascal Bonafoux, Botero: 1932, volume 20 de Découvrons l'art du XXe siècle, éd. Cercle d'art, 1996, páxina 8, ISBN 978-2-7022-0452-8
- ↑ (en castelán) Volker Gebhardt (1998). Uccello: La batalla de San Romano. Siglo XXI. ISBN 9789682321443.
- ↑ (en francés) Normand, Biron. "Fernando Botero - Une voluptueuse jubilation de la forme" (pdf). Vie des Arts 25 (101): 52–55. Consultado o 28 de febreiro 2012.
- ↑ (en francés) Gérard Durozoi (1992). Botero. editora Hazan. p. 87. ISBN 9782850252969.
- ↑ (en francés) Pascal Bonafoux, Botero: 1932, volume 20 de Découvrons l'art du XXe siècle, éd. Cercle d'art, 1996, páxina 16, ISBN 978-2-7022-0452-8
- ↑ (en francés) Corine Bolla-Paquet, « Botero : Je suis un artiste figuratif... » Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine., na revista Vie des Arts, número 206 da primavera do 2007.
- ↑ (en francés) Jean-Marie Tasset, « Botero, le secret de la mandoline », in Botero, éd. Cercle d'art, 2002, páxina 9, ISBN 978-2-7022-0682-9.
- ↑ (en francés) Rudy Chiappini, « Une vision intérieure qui s'affirme dans la plénitude des formes », in Botero : œuvres 1994-2007, éd. Skira, 2007, páxina 5, ISBN 978-88-6130-385-0
- ↑ (en francés) Gilbert Lascault, Botero: éloges des sphères, de la chair, de la peinture et de plusieurs autres choses, éd. Cercle d'art, 1992, páxina 35 ISBN 978-88-6130-385-0
- ↑ (en francés) « Botero : La magie du volume », no sitio web Plural-World. Consultado o 29 de febreiro 2012.
- ↑ 16,0 16,1 (en inglés) Mariana Hanstein, Fernando Botero, éd. Taschen, 2003, páxina 89, ISBN 978-3-8228-2129-9.
- ↑ "Hemeroteca - El Ayuntamiento adquiría el «Soldado romano» de Botero para la Domus". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 07 de xaneiro de 2017.
- ↑ La obra de Botero toma el relevo de Tamara de Lempicka en Vigo en el pais.com (28/02/2008), consultado o 1 de marzo 2012.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ [2]
- ↑ La escultura de Fernando Botero ya vigila la Rúa do Vilar, en La Voz de Galicia do 19/11/2010, consultado o 1 de marzo 2012
- ↑ El rapto de Europa en Santiago sitio web do Cologio Mayor Arosa o 28/11/2010, consultado o 1 de marzo 2012
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Botero |
Bibliografía
editar- (en castelán) Ana María Escallon (1997). Botero : Nuevas obras sobre lienzo : entrevista con Fernando Botero por Ana María Escallon. Villegas Editores, Bogotá. ISBN 958-9393-42-X.
- (en castelán) Mariana Hanstein (2003 -1ª edición). Fernando Botero. Editorial: BENEDIKT TASCHEN VERLAG (Mexico). ISBN 3822822922.
- (en castelán) Grandes personajes universales y de Colombia' ano =2000. Océano editores, Madrid. ISBN 84-494-1013-4.
- (en castelán) (en galego) (en inglés) O Institut Valencià d'Art Modern (IVAM) e a Fundación Caixa Galicia publicaron no ano 2008 un catálogo de ilustracións, fotografías en color de 202 páxinas: Fernando Botero: Abu Ghraib / El circo.
- (en castelán) Mario Vargas Llosa (1984). La suntuosa abundancia. ISBN.
Ligazóns externas
editar- (en castelán) Museo Botero en línea Arquivado 29 de decembro de 2011 en Wayback Machine., con ligazón a unha galería de pinturas, esculturas e debuxos de Botero.