Face (anverso)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Face (homónimos).
Chámase face á cara principal dun tecido, papel, folla etc., oposta á posterior.
Na Botánica chámase face[1] á cara superior ou cara adaxial do limbo da folla dunha planta. Diferénciase do envés, ou parte inferior, en que non posúe estomas, ten unha cutícula algo máis grosa e posúe menor abundancia de tricomas. A súa cor adoita ser máis escura ca do envés (como máximo poden chegar a ser da mesma cor).
Cómpre non confundir o termo face con feixe: montón de cousas, conxunto de partículas ou liñas, ou grupo de cousas ou de persoas.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para face.