Extradorso
O extradorso[1] (do latín extra, fóra, ao exterior e dorsum, dorso), é un termo arquitectónico que designa o plano superior externo convexo dun arco ou bóveda.
Tamén designa o lombo dunha doela, que adoita estar oculta por estar dentro da construción.
Contraponse coa voz intradorso.
Notas
editar- ↑ Nome galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004