[go: up one dir, main page]

Eukaryota

(Redirección desde «Eukarya»)

Eucariontes
Eukaryota

Rango fósil: Proterozoico-actualidade

Eucariontes e algúns exemplos da súa diversidade de especies
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(Chatton, 1925) Whittaker & Margulis,1978
Supergrupos e Reinos

Ás veces aqueles eucariontes que non se poden clasificar dentro dos reinos Plantae, Animalia ou Fungi clasifícanse dentro do reino Protista.

Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.[1][2][3] Estes organismos constan dunha ou máis células eucariotas, abranguendo dende organismos unicelulares ata verdadeiros pluricelulares nos cales as diferentes células especialízanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada.

Características

editar

Pertencen ó dominio Eukarya os animais, as plantas, os fungos, así como varios grupos denominados colectivamente protistas. Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e comparten unha orixe común. Os eucariontes orixináronse hai 2,7 mil millóns de anos, despois de entre 1-1,5 mil millóns de anos de evolución dos procariotas.[4] Os fósiles máis temperáns, como os acritarcos son difíciles de interpretar. Formas que poden relacionarse inequivocamente cos grupos modernos comezaron a xurdir hai uns 800 millóns de anos, mentres que a maioría dos grupos fósiles xa se coñecen dende o final do Cámbrico, hai uns 500 millóns de anos.

Os eucariontes repártense entre catro reinos (Protista, Plantae, Animalia e Fungi), cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores máis o reino Chromista), ou moitos máis (algúns consideran, pero non é punto de vista xeralmente aceptado, que é máis axeitado clasificalos en ata vinte reinos).

O reino Protista é un grupo parafilético que xunta aos eucariontes que non encaixan en ningún dos tres grupos; por esta razón a súa diversidade coincide coa diversidade fundamental dos eucariontes. A recente clasificación de Adl et al. (2005) evita a clasificación en reinos, substituíndoa por unha acorde coa filoxenia actualmente coñecida, na que por outra parte aos taxons non se lles atribúe xa categoría algunha, para evitar os inconvenientes que supón estas para a súa posterior actualización. Esta clasificación sería a seguinte:

Pódese ver que unha forma ameboide ou flaxelar non indica a pertenza a un grupo taxonómico concreto, como se pensaba en clasificacións tradicionais, creando grupos artificiais dende o punto de vista evolutivo (ver parafilia).

  1. Youngson, Robert M. (2006). Collins Dictionary of Human Biology. Glasgow: HarperCollins. ISBN 0-00-722134-7. 
  2. Nelson, David L.; Cox, Michael M. (2005). Lehninger Principles of Biochemistry (4th ed.). New York: W.H. Freeman. ISBN 0-7167-4339-6. 
  3. Martin, E.A., ed. (1983). Macmillan Dictionary of Life Sciences (2nd ed.). London: Macmillan Press. ISBN 0-333-34867-2. 
  4. Cooper GM. The Cell: A Molecular Approach. 2nd edition. Sunderland (MA): Sinauer Associates; 2000. The Origin and Evolution of Cells. Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9841/
  5. Adl, Sina M.; Simpson, Alastair G. B.; Lane, Christopher E.; Lukeš, Julius; Bass, David; Bowser, Samuel S.; Brown, Matthew W.; Burki, Fabien; Dunthorn, Micah; Hampl, Vladimir; Heiss, Aaron; Hoppenrath, Mona; Lara, Enrique; le Gall, Line; Lynn, Denis H.; McManus, Hilary; Mitchell, Edward A. D.; Mozley-Stanridge, Sharon E.; Parfrey, Laura W.; Pawlowski, Jan; Rueckert, Sonja; Shadwick, Laura; Schoch, Conrad L.; Smirnov, Alexey; Spiegel, Frederick W. (2012-09-01). "The Revised Classification of Eukaryotes". Journal of Eukaryotic Microbiology 59 (5): 429–514. ISSN 1550-7408. doi:10.1111/j.1550-7408.2012.00644.x. Consultado o 2017-02-25. 

Véxase tamén

editar

Eukaryota en Uniprot, NCBI

Outros artigos

editar