Ernesto Teodoro Moneta
Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833 e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1833 Milán, Italia |
Morte | 10 de febreiro de 1918 (84 anos) Milán, Italia |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Missaglia (pt) |
Educación | Milán |
Actividade | |
Ocupación | Xornalista, político e pacifista |
Familia | |
Irmáns | Enrico Moneta |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarQuizais non está lonxe o día no que todos os pobos, esquecendo os antigos odios, se reúnan baixo a bandeira da fraternidade universal e, deixando todas as disputas, cultiven entre eles relacións absolutamente pacíficas, como o comercio e as actividades industriais, estreitando sólidos lazos. Nós esperamos ese día...
Estas foron as palabras que pronunciou nun dos congresos nos que participou tras a adhesión ás ideas pacifistas que empezaban a xurdir entre o final do século XIX e o principio do século XX.
Moneta, antigo patriota e xornalista, participou nas Cinco xornadas de Milán —sublevación contra os austríacos— e foi garibaldino. Dirixiu desde 1867 o periódico Il Secolo, seguidor das ideas e valores garibaldinos e radicais. En 1887 contribuíu na fundación da Unión Lombarda para a Paz e a Arbitraxe.
Na súa cidade natal, Milán, hai un monumento na súa memoria no que se pode ler a seguinte inscrición: «Ernesto Teodoro Moneta - Garibaldino - Pensador - Publicista - Apóstolo da paz entre xente libre».
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Premio Nobel (en inglés)