Epoxi
Epoxi ou poliepóxido é un polímero termoestable formado pola reacción producida entre unha resina epoxi base e un axente catalizador.
Química
editarEpoxi é un copolímero, está formado por cando menos dous grupos, a resina e o catalizador. A resina consiste en monómeros cun grupo epóxido en cada extremo. As resinas epoxi máis comúns son as producidas pola reacción entre epicloridrina e bisfenol A. O catalizador consiste en monómeros de poliamina, por exemplo trietilentetramina (TETA). Cando estes compostos se mesturan xuntos, os grupos de amina reaccionan cos grupos epóxidos formando unha unión covalente. Cada grupo NH pode reaccionar con cada grupo epóxido, así que o polímero resultante está fortemente entrelazado, e é rexo e duro.[1][2]
Historia
editarAs primeiras resinas epoxi non comezaron a se sintetizar ata 1891 [3] pero o seu uso comercial non empezou ata mediados da década de 1930 polo labor de Pierre Castan en Suíza e Greenlee nos Estados Unidos[4].
Notas
editar- ↑ "Epoxy Chemistry". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2012. Consultado o 06 de maio de 2012.
- ↑ "Epoxy Polymers". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2012. Consultado o 06 de maio de 2012.
- ↑ I. Hamerton Recent Developments in Epoxy Resins. Rapra, Shawbury (1996), p. 5
- ↑ Fred Aftalion A History of the International Chemical Industry. Chemical Heritage Foundation, Filadelfia (2001), p. 228