[go: up one dir, main page]

Estadio Alfredo di Stéfano

(Redirección desde «Estadio Alfredo Di Stéfano»)

O Estadio Alfredo di Stéfano é un estadio de fútbol, situado na cidade de Madrid, en España. Adopta este nome en homenaxe a Alfredo di Stéfano, xogador do Real Madrid nos anos 1950 e 1960, e considerado un dos mellores xogadores da historia do fútbol mundial.

Estadio Alfredo di Stéfano
Datos
Coordenadas40°28′36″N 3°36′51″O / 40.47666667, -3.61416667
LocalizaciónMadrid, España
Construción
Inauguración9 de maio de 2006
ArquitectoAntonio Lamela
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105x68
Capacidade7.624
PropietarioReal Madrid
OperadoraReal Madrid CF
LocalíaReal Madrid Castilla
editar datos en Wikidata ]

O estadio sitúase na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, entre o recinto feiral de IFEMA e o aeroporto de Madrid-Barajas. O encontro inaugural disputouse ante o Stade de Reims nun partido que culminou con vitoria madridista por 6-1. O defensa madridista Sergio Ramos tivo a honra de marcar o primeiro gol.

Este recinto é a sede de todos os partidos oficiais do primeiro filial madridista, o Real Madrid Castilla.

Datos de interese

editar
  • Capacidade: 7.000 espectadores, cifra que ascenderá ata as 25.000 localidades cando culmine a cuarta fase.
  • Zona de prensa: conta con 2 sets de televisión, 4 cabinas para comentaristas e 10 cabinas de radio. Ademais hai 28 postos de prensa escrita e 32 de comentarista.
  • Tecnoloxía: Ten as súas propias UCI (Unidade de Control de Instalacións) e UCO (Unidade de Control Organizativo). Ademais, a produción de auga quente obtense por medio de paneis termosolares situados na cuberta do edificio e conta con calefacción propia no terreo de xogo. Acceso para discapacitados.
  • Estacionamento: Dispón de amplos aparcadoiros, con capacidade para máis de 800 vehículos, ademais dun aparcadoiro propio para autobuses e outro independente destinado para a afección visitante con capacidade para máis de 10 autobuses.
  • Transporte máis próximo: Metro: Campo de las Naciones. Autobús: 112, 122.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar