Estación de Palencia
A estación de Palencia, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade española de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten amplos servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Encóntrase preto do centro da cidade, ao lado do Parque de los Jardinillos de la Estación e da estación de autobuses da capital.
Palencia | |
---|---|
Fachada da estación | |
Situación | Palencia |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE, AV City |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | MD, Intercity, Rexional, Rexional Exprés |
Intermodalidade | |
Bus | Si |
Taxi | Si |
Situación ferroviaria
editarA estación, que está situada a 779 metros de altitude, forma parte das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional Valladolid-León, punto quilométrico 230,627.
- Liña férrea 130 de ancho ibérico Venta de Baños-Xixón.[1]
- Liña férrea 160 de ancho ibérico Palencia-Santander.[1]
Formaba parte tamén dunha liña férrea de vía estreita actualmente desmantelada que a unía con Villalón e que formaba parte dos FFCC Secundarios de Castela.[2]
Historia
editarA chegada do ferrocarril a Palencia tivo lugar en 1860 coa apertura do tramo que unía Alar del Rey con Venta de Baños pasando por Palencia.[3] Construíuse así unha primeira estación sen excesivas pretensións que se chamaba do Norte ou de Alar. Moi diferente a este primeiro recinto foi o que se levantou en 1875 coa posta en marcha do tramo Palencia-León da liña que buscaba unir Palencia con Galicia.[3] Esta nova estación construíuse preto da primeira e chamouse inicialmente estación do Noroeste. Aínda que as obras iniciais corresponderon á Compañía do Noroeste de España esta acabou anexionada por Norte en 1885 quen xestionou a estación que pasou a chamarse do Norte ata 1941 data da nacionalización do ferrocarril en España e da creación de Renfe. Durante 2014 sufriu unha serie de melloras nas plataformas e vías para adaptala á chegada da alta velocidade, que entrou en funcionamento o 29 de setembro de 2015 e dá continuidade á liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid cara León e Asturias.
Desde o 31 de decembro de 2004 Adif é a titular das infraestruturas.
A estación
editarA estación atópase ao norte da cidade, a escasa distancia do centro urbano. O seu edificio para viaxeiros é unha clara mostra do clasicismo francés cunha estrutura simétrica en forma de U composta por un corpo central dúas ás laterais e dous anexos finais. Todo iso sobre dúas plantas e con disposición lateral á vía.
Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Conta ademais con outra vía de apartado e outras dúas vías mortas.
Ten cafetería-restaurante, quiosco de prensa, librería, aseos, postos de información e venda de billetes.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 24 de xuño de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 24 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
AV City | León | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | Irún | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | León | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | Vigo-Guixar | Madrid-Chamartin | ||
Intercity | León Vitoria |
Alcázar de San Juan | ||
14 | Rexional Exprés | Palencia | Valladolid | |
17 | MD Rexional Exprés |
León Ponferrada |
Valladolid Medina del Campo | |
19 | MD | Palencia | Salamanca | |
20 | Rexional | Santander | Valladolid | |
22 | Rexional Exprés | Burgos Miranda de Ebro Logroño |
Valladolid |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Red ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Palencia (Est) Euroferroviarios
- ↑ 3,0 3,1 Con el sello de Norte[Ligazón morta] Luis Guijarro
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Palencia |