Estación de Cádiz
A estación de Cádiz é a estación central da cidade homónima incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación termo de trens situada xunto á Praza de Sevilla, no centro de Cádiz.
Cádiz | |
---|---|
Interior da estación | |
Situación | Cádiz |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Altaria, Trenhotel |
Media distancia | A-1 |
Cercanías | (Proximidades Cádiz) |
Intermodalidade | |
Outros | Autobús urbano e interurbano |
É cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz, de trens de Media distancia Renfe e de trens de longo percorrido. Pertence á zona 1 de Proximidades Cádiz.
Historia
editarO edificio antigo da estación, pechado ao público dende que en 2002 fora inaugurado o novo, data da época en que se construíu a liña ferroviaria entre Cádiz e Sevilla, e localízase xunto ao porto de Cádiz e o edificio de aduanas.
Este edificio foi clausurado coas obras de soterramento da vía férrea en Cádiz entre 2000 e 2001 sendo construído un novo edificio que está algo máis afastado da Praza de Sevilla. A nova estación ten seis vías, dúas delas reservadas a trens de proximidades con acceso restrinxido para viaxeiros con títulos de transporte para os mesmos.
Durante as obras de soterramento a estación non prestou servizo, sendo terminal provisional a estación de Cortadura.
Servizos ferroviarios
editarLiña | > | Destino |
---|---|---|
C-1 | San Severiano | San Fernando-Bahía Sur Xerez da Fronteira |
A-1 | Cádiz-Segunda Aguada | Sevilla-Santa Justa |
San Fernando-Bahía Sur | Xaén |
Tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias |
---|---|---|
Alvia | Madrid-Puerta de Atocha | San Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central |
Trenhotel Antonio Machado |
Barcelona-Sants | San Fernando-Bahía Sur · El Puerto de Santa María · Xerez da Fronteira · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Tarragona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Cádiz |