[go: up one dir, main page]

Escala Fujita-Pearson

Existen varias escalas para medir a intensidade dun tornado, pero a máis aceptada universalmente durante unha época foi a Escala de Fujita (ou tamén chamada Fujita-Pearson Tornado Intensity Scale), elaborada en 1971 por Tetsuya Fujita e Allan Pearson da Universidade de Chicago. Esta escala baséase na destrución ocasionada ás estruturas construídas polo ser humano e non no tamaño, diámetro ou velocidade do tornado. Non se pode, entón, mirar un tornado e calcular a súa intensidade. Débese avaliar os danos causados con posterioridade.

Esquema da escala Fujita, deseñado polo propio Dr. Tetsuya Fujita
Danos causados por un tornado F4 pola escala Fujita

Esta escala foi substituída en 2007 pola Escala Fujita-Pearson mellorada.

Escala

editar

Aínda que a escala abarca teoricamente 13 graos, todos os tornados rexistrados están comprendidos nos 6 inferiores:

Intensidade Velocidade do vento Danos
F0 60–116 km/h (45- 72 mph) Leves.
F1 117–180 km/h (73-112 mph) Moderados. Estes tornados poden levantar tellas ou mover coches mentres se desprazan. Poden tombar trailers e os barcos pódense afundir.
F2 180–251 km/h (113-157 mph) Considerables. Os tellados dalgunhas casas poden ser levantados, os trailers e casas rodantes que estiveran no camiño do tornado serán demolidos. Este tornado tamén pode descarrilar vagóns de tren.
F3 252–330 km/h (158-206 mph) Graves. Árbores poden ser arrincadas de raíz e as paredes e tellados de edificios sólidos poden ser arrincados con total facilidade.
F4 331–416 km/h (207-260 mph) Devastadores. Motores de tren e de camións de 40 toneladas poden lanzarse facilmente polos aires.
F5 417–512 km/h (261-318 mph) Extremadamente destrutivos. Tornados con esta intensidade destrúen todo no seu camiño. Os coches poden lanzarse como se foran xoguetes, e edificios enteiros poden levantarse do piso. A forza é similar á da bomba atómica. Coñecido coloquialmente como o "Dedo de Deus".
F6 513–610 km/h (319-379 mph) Dano inconcibible. Nunca se tivo rexistrado un tornado destas magnitudes, exceptuando en simuladores.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar