El País Gallego (1888)
El País Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1891.
El País Gallego | |
---|---|
Fundación | 1888 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El País Gallego.
Historia e características
editarSubtitulado Diario de intereses materiales e Diario de Santiago, aparece o 3 de febreiro de 1888. Fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose, era de carácter rexionalista moderado, e defendeu a política de Montero Ríos. Ao cabo de dous meses o director foi substituído por Máximo Leyes Posse. A partir de abril de 1891 o director foi Santiago Fraga e o redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Con motivo do 25 de xullo de 1888 publicou un suplemento no que colaboraron os escritores máis destacados da época. Cesou a súa publicación o 11 de xuño de 1891.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "País Gallego, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.