Edward Weston
Edward Henry Weston, nado en Highland Park (Illinois) o 24 de marzo de 1886 e finado en Carmel Highlands (California) o 1 de xaneiro de 1958, foi un fotógrafo estadounidense, un dos máis destacados dentro da fotografía directa e cofundador do Grupo f/64.
Edward Weston retratado por Fred R. Archer. | |
Nome orixinal | Edward Henry Weston |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de marzo de 1886 Highland Park, Illinois, Estados Unidos |
Morte | 1 de xaneiro de 1958 Carmel Highlands, California, Estados Unidos |
Causa da morte | párkinson |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía |
Lugar de traballo | California |
Ocupación | Fotógrafo |
Membro de | |
Movemento | Grupo f/64 Fotografía directa |
Representante | Artists Rights Society |
Compañeiro profesional | Margrethe Mather (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Charis Wilson |
Parella | Margrethe Mather |
Fillos | Brett Weston |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) |
Páxina web | edward-weston.com |
Biografía
editarNaceu o 24 de marzo de 1886 en Highland Park, dende mozo destacou polo seu traballo artístico na fotografía en branco e negro, encadrándose nos seus comezos no pictorialismo. En 1911 abriu un estudio de retratos en Glendale e en 1914 foi membro fundador de Los Angeles Camera Pictorialist, malia isto, nos anos vinte evolucionou cara a unha fotografía máis abstracta.
En 1921 coñeceu a Tina Modotti, que se convirteu na súa amante, polo que entre 1923 e 1925 mantivo un estudio en México e relacionouse cos movementos artísticos do momento. A influencia do seu amigo Diego Rivera supuxo un cambio completo no seu estilo.[1]
O 12 de abril de 1924 expuxo unha serie de fotografías de temática industrial durante a Velada Estridentista, onde se reuniron varios artistas experimentais de diversas nacionalidades que nese momento traballaban ou estaban de visita na Cidade de México. Colaborou no movemento estridentista por medio de publicacións nas revistas Irradiador e Horizonte. Durante a súa estancia en México mantivo amizade con Manuel Álvarez Bravo, Nahui Ollin e Frida Kahlo.
En 1927 volta a California e instala un novo estudio en Carmel Highlands, contando coa colaboración do seu fillo Brett. Nos seus traballos fotográficos xa comeza a empregar unha gran profundidade de campo e un alto nivel de enfoque nas escenas de paisaxes, nos retratos e de modo especial nos primeiros planos de formas naturais pouco comúns. A maioría da súa obra realizouna cunha cámara de fol de 8x10 polgadas, coa que conseguía unha maior claridade e definición nas fotografías e que lle permitía obter as copias en papel por contacto. En 1932 é membro fundador do Grupo f/64, que propón unha estética próxima ao realismo, ao contrario que o movemento pictorialista.
En 1937 obtivo unha bolsa de estudos da Fundación Solomon R. Guggenheim, a primeira que se lle deu a un fotógrafo.
Faleceu o 1 de xaneiro de 1958 na súa casa de Wildcat Hill en Carmel Highlands, en California, a causa da síndrome de Parkinson.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edward Weston |