Duio, Fisterra
San Vicenzo de Duio[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 321 habitantes (155 homes e 166 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 438 habitantes.
Duio | |
---|---|
Igrexa de San Vicenzo de Duio. | |
Concello | Fisterra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′55″N 9°16′47″O / 42.931944444444, -9.2797222222222 |
Poboación | 321 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial comezouse a construír en 1669, ao pé dun castro. De estilo barroco, foi saqueada durante a invasión napoleónica e un incendio destruíu os arquivos parroquiais. Foi reconstruída no século XIX.
Ten planta de salón cun gran presbiterio rectangular e unha soa nave, dividida en catro tramos. A fachada remata cunha espadana construída en 1863. Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicenzo, o patrón da parroquia de Duio.
Por esta parroquia pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Lugares e parroquias
editarLugares de Duio
editarLugares da parroquia de Duio no concello de Fisterra (A Coruña) | |
---|---|
O Bispo | O Castro de Duio | Denle | Ermedesuxo de Abaixo | Ermedesuxo de Arriba | Pardiñas | A Piteira | San Salvador de Duio | Vilar de Duio |
Parroquias de Fisterra
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
---|---|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |