Lenda da puñalada polas costas
A Lenda da Puñalada polas Costas (en alemán: Dolchstoßlegende) foi unha popular lenda política do período de entreguerras en Alemaña, que se mantivo até a véspera da Segunda guerra mundial. A lenda atribuía a derrota do Imperio Alemán na Primeira guerra mundial ao fracaso do pobo en responder ao "chamamento patriótico" e á sabotaxe do esforzo bélico polos socialistas, bolxeviques e xudeus alemáns. En lugar da incapacidade do Reichsheer para participar na batalla, exonerando os militares do país da súa perda.[1]
Historicamente, a Dolchstoßlegende revelouse importante para a ascensión política de Adolf Hitler e para o crecemento do Partido Nazi, xa que gran parte da súa base política orixinal consistía en veteranos da Primeira guerra mundial e moitos estaban próximos á interpretación Dolchstoß da historia recente alemá.[2]
Notas
editar- ↑ Fraser, Lindley (1945). Germany Between Two Wars: A Study of Propaganda and War-Guilt. New York: Oxford University Press. p. 16.
- ↑ LIEBEL, Vinícius (2017). "Uma facada pelas costas: paranoia e Teoria da Conspiração entre conservadores no refluxo das Greves de 1917 na Alemanha". Revista Brasileira de História. São Paulo, v. 37, nº 76, pp. 45-65 (en portugués).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lenda da puñalada polas costas |