[go: up one dir, main page]

Domingo Rey Lago

tranviario e sindicalista galego

Domingo Rey Lago, nado na Coruña en 1890 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1937, foi un tranviario e sindicalista galego.

Modelo:BiografíaDomingo Rey Lago
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 3607

Traxectoria

editar

Tranviario, membro do Sindicato de Transporte da Coruña da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dun operativo que tentou sacar da Coruña ao deputado socialista Luis Rufilanchas e foi detido con outras vinte e catro persoas a finais de febreiro de 1937. Foi procesado polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio. Foi condenado á pena de morte con Luis Rufilanchas, Manuel Fernández López, Genaro Ruano Sanjurjo, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.[1][2] Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,[3] excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos.Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[4]

Vida persoal

editar

Casou na Coruña con Carmen Cedeira Zas en 1930.[5]

  1. La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1.
  4. El Compostelano, 3-9-1941, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 3-6-1930, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas

editar