[go: up one dir, main page]

Diego Gómez

futbolista galego
(Redirección desde «Diego Gómez Pérez»)

Diego Gómez Pérez, nado en Amoeiro o 31 de xullo de 2004, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Arenteiro, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.

Modelo:BiografíaDiego Gómez
Nome orixinalDiego Gómez Pérez
Biografía
Nacemento31 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol no se Amoeiro natal, sendo o seu primeiro equipo o Santa Teresita de Ourense.[1] Despois de dúas tempadas no Pabellón, en 2019 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña.[1] Militou un ano no equipo cadete do club, antes de pasar ao conxunto xuvenil, co que se proclamou campión da División de Honra na campaña da súa estrea.[2] Na 2021/22 disputou a Liga Xuvenil da UEFA e participou no histórico partido da Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv que congregou a máis de 20.000 seareiros no estadio de Riazor. Na quenda de penaltis anotou o seu lanzamento ao estilo "Panenka", pero o equipo de Manuel Pablo caeu eliminado.[3]

En xaneiro de 2022 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Noia, e na tempada seguinte xogou xa de xeito habitual co filial, disputando 27 partidos e contribuíndo con 6 goles á consecución do título de Terceira e ao ascenso do equipo á Segunda División RFEF.[2]

O 23 de setembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña na Primeira División RFEF, da man do adestrador Imanol Idiakez, na quinta xornada da tempada ante o Cornellà en Riazor.[2] Saltou ao terreo de xogo nos minutos finais, como substituto de Diego Villares, nun partido que rematou 1-1.[4] Só 14 horas despois, xogou como titular co Fabril ante a Arandina e marcou dous dos tres goles do seu equipo, que venceu por 3-2.[5] Anotou dous goles máis nos tres seguintes partidos co Fabril, ata que fracturou o peroné nun encontro ante a Gimnástica de Torrelavega, precisando dunha operación cirúrxica.[6] Reapareceu máis de dous meses despois ante o Ourense e a continuación fíxose coa titularidade ata o final da tempada.

Para a campaña 2024/25 foi cedido ao Arenteiro, da Primeira Federación.[7]

Palmarés

editar
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 Antelo, Iván (15 de xaneiro de 2022). "Así es Diego Gómez: la zurda que guía a la nueva generación del Dépor juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El ourensano Diego Gómez debutó con el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  3. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. Lema, Jorge (24 de setembro de 2023). "Diego Gómez, la perla que viene: debut con el Depor, doblete en el Fabril". As (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  5. Losada, Víctor (25 de setembro de 2023). "El inolvidable fin de semana de Diego Gómez: Debut con el Dépor y doblete con el Fabril" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  6. "Diego Gómez, baja tras operarse por una fractura en el peroné" (en castelán). 7 de novembro de 2023. Consultado o 9 de decembro de 2023. 
  7. "Diego Gómez, cedido ao CD Arenteiro". 23 de xullo de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar