Dino Rađa
Dino Rađa, romanizado habitualmente como Dino Radja, nado o 24 de abril de 1967 en Split, Iugoslavia (actual Croacia) é un ex xogador profesional de baloncesto croata. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 2,11 metros xogaba nas posicións de pivote e ala-pivote. Foi membro do lendario equipo da Jugoplastika cos que gañou dúas Copas de Europa. Tamén xogou durante catro tempadas na NBA cos Boston Celtics, sendo elixido no seu ano de debut no segundo mellor quinteto de rookies. Actualmente é presidente do KK Split.
Traxectoria deportiva
editarOs seus primeiros anos
editarComezou xogando no KK Dalvin até a categoría júnior, de onde foi fichado con 20 anos pola Jugoplastika de Split, onde pronto destacou e fíxose coas rendas do equipo xunto ao seu compañeiro Toni Kukoč, dominando o baloncesto europeo a finais dos anos 80. Xuntos gañaron en dúas ocasións consecutivas a Copa de Europa (actual Euroliga), perdéndose o terceiro título consecutivo tras fichar por Il Messaggero dei Roma por tres tempadas, a pesar de ser elixido no Draft da NBA de 1989 polos Boston Celtics, que terían que esperar uns anos para gozar do seu xogo.
Roma
editarNo seu primeiro ano en Roma conseguiu ter unha media de 18,1 puntos, o que fixo que a prensa europea especializada o elixise como segundo mellor xogador europeo da tempada, por detrás do seu amigo Toni Kukoč. Estas estatísticas foron melloradas nas dúas seguintes tempadas, chegando a 20,2 e 21,5 puntos por partido respectivamente. En 1992 axudou ao seu equipo a gañar a Copa Korać.
Boston Celtics
editarCon 26 anos deu por fin o salto á NBA, ao equipo que o seleccionou no posto 40 da segunda rolda no Draft da NBA de 1989, os Boston Celtics, e non defraudou, xa que fixo unha media de 15,1 puntos e 7,2 rebotes, o que lle permitiron ser elixido o segundo mellor quinteto de rookies desa tempada, xunto a Kukoč, novato ese ano nos Chicago Bulls. En Boston pasou tres tempadas e media de forma exitosa, promediando 16,7 puntos e 8,4 rebotes, pero tras un traspaso errado aos Sixers, tomou a decisión de regresar a Europa.
Regreso a Europa
editarEn 1997 fichou polo Panathinaikos BC da Liga Grega, onde gañou dous campionatos nas dúas tempadas que disputou alí. Regresou ao seu país, asinando polo KK Zadar, volvendo a Grecia ao ano seguinte para xogar no Olympiacos BC, onde tras unha tempada na que non conseguiu o seu obxectivo de gañar a liga, volveu de novo ao seu país, ao Cibona Zagreb. Acabou a súa carreira no seu primeiro equipo, o KK Split, gañando a liga croata.
Equipos
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas de Dino Rađa na NBA Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- Dino Radja en Interbasket.net