[go: up one dir, main page]

Dinastía carolinxia

(Redirección desde «Dinastía Carolinxia»)

A dinastía carolinxia[1] (chamada así por Carlos Martel) é á liñaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os séculos VIII e X.

Modelo:Xeografía políticaDinastía carolinxia
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

BNE: XX527805

Historia

editar

Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipínidas uníronse e formaron unha verdadeira dinastía a través dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 aínda que non como reis (que durante máis dun século seguirían sendo os merovinxios), senón como mordomo de palacio.

O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III, rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos (Carlomagno) e Carlomán. O primeiro, anos máis tarde, expandiría o seu poder por toda Europa Occidental e sería coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.

O Imperio Carolinxio, como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Lois I o Piadoso ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Lois) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdún (843). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do Sacro Imperio Romano Xermánico, os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En Francia, os herdeiros do fillo de Lois I o Piadoso, Carlos II o Calvo, gobernaron ata 987, cando foron substituídos pola dinastía dos Capetos.

Durante anos, a dinastía carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase arte carolinxia). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "renacemento carolinxio", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O estilo arquitectónico da época, que era unha forma da arte prerrománica, tamén se denomina "estilo carolinxio".

Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e o costume xermánico de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en 911 de Lois o neno toman o trono os otóns. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o 987, cando son desprazados pola dinastía dos Capetos.

Gobernantes

editar
 
Unha árbore xenealóxica Carolinxia, do Chronicon Universale do Ekkehard de Aura, século XI.

Mordomos de Palacio carolinxios

editar

Reis carolinxios

editar

Emperadores carolinxios

editar

Outros soberanos

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carolinxio.