[go: up one dir, main page]

Lucio Casio Dión Coceiano,[1] (en grego Δίων Κάσσιος Díōn Kássios; en latín: Lucius Cassius Dio),[2] tamén coñecido como Dión Casio nado en Nicea en 155 e finado en 235,[3] foi un político, militar e historiador romano da época da dinastía dos Severos que acadou as máis altas maxistraturas do Estado e foi honrado cun segundo consulado no ano 229 co emperador Alexandre Severo. Escribiu unha historia de Roma desde as orixes até o seu tempo que chegou parcialmente á actualidade.

Modelo:BiografíaDión Casio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Δίων ὁ Κάσσιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Claudius Cassius Dio Cocceianus Editar o valor en Wikidata
155 ↔ 164 Editar o valor en Wikidata
Nicea (Roma Antiga) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 235 Editar o valor en Wikidata
Nicea Editar o valor en Wikidata
Cónsul romano
229 –
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, político, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividadedécada de 190 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
PaiCássio Aproniano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1291933 BNE: XX1251722 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Nicea de Bitinia (actual Iznik), na península de Anatolia, actual Turquía. Pertencía a unha gran familia senatorial,[3] pois era fillo do influente patricio Casio Aproniano, cónsul en 191, senador e gobernador de varias provincias, e descendía por parte materna de Dión de Prusa. O seu nome completo quizais fose Lucio Casio Dión. O nome de Cocceiano quizais fose engadido en época bizantina, debido a unha confusión con Dión de Prusa.[4]

Seguiu unha exitosa carreira senatorial, rango que obtivo baixo o emperador Cómodo. Ocupou sucesivamente o cargo de pretor en 194, consul suffectus en 204 ou 205, curator de Pérgamo e Esmirna ao redor dos anos 217 e 218, procónsul de África cara ao ano 222, legatus Augusti pro praetore de Dalmacia e Pannonia Superior baixo Alexandre Severo e cónsul ordinario no ano 229[5]. En 235 renunciou á vida pública e retirouse a Nicea para proseguir alí os seus estudos.

Dión viviu unha época turbulenta. Tanto el como os seus compañeiros senatoriais amedrentáronse ante a tiranía dos emperadores e lamentaron a ascensión ao trono dunha serie de homes aos que consideraban uns simples arribistas e en Pannonia tivo que enfrontarse á indisciplina militar. Todas esas experiencias foron evocadas no relato que fai da súa propia época e tiveron moito que ver na idea que se fixo dos tempos pretéritos.

 
Historia romana

A súa obra máis famosa é Historia romana (en grego, Ρωμαϊκή Ἰστορία Rhōmaikē Historíā), escrita en grego, que abrangue preto de mil anos de historia, desde a fundación da cidade en -753 até o ano 229 [6]. Consta de oitenta libros, moitos dos cales chegaron até a actualidade en resumos de Zonaras e Xifilino de época bizantina[6]. É, xunto con Herodiano, o escritor máis importante dos séculos II e III, pero a súa obra sempre se viu envolta na polémica. Moitos o tachan de «mentireiro». En certo xeito teñen razón. Ao ser senador, non vía con bos ollos a ascensión ao poder que tiñan os équites, que serían, desempeñando a función de prefecto do Pretorio, os que en moitas ocasións chegarían a ter o auténtico poder en Roma, en contraposición co Senado, que queda apartado a un segundo plano, máis como algo representativo que como un poder fáctico.

Por ese motivo, en moitos dos seus relatos sobre emperadores, sobre todo na dinastía Severa, leva a contraria a ditos emperadores. Por exemplo, no referente á Constitutio Antoniniana, promulgada por Caracalla ao redor de 215, arremeteu contra o emperador por conceder a cidadanía romana a todos os habitantes do imperio, non sendo os escravos, pero algunhas páxinas máis adiante el mesmo apoia a decisión de dar dita cidadanía.

A data de composición da Historia romana, obra para cuxa composición empregou dez anos en recoller material sobre acontecementos anteriores á morte de Severo (211) e outros doce en redactala, é polémica, pero, seguindo ao propio Dión, a máis lóxica é a de 202. A súa ausencia de Italia impediulle continuar cos sucesos posteriores á morte de Severo e soamente puido resumir o reinado de Alexandre Severo. Concluíu a obra co relato da súa propia saída da vida pública.

Dión tamén conta (LXXII, 23) que, tras unha breve obra sobre os soños e portentos que presaxiaron a ascensión ao trono imperial de Septimio Severo, emprendeu a redacción primeiro dunha historia das guerras desencadeadas tras a morte de Cómodo e despois a da historia de Roma, pero non se conserva ningunha das súas primeiras obras nin dos tratados históricos que lle atribúe a Suda (léxico bizantino).

  1. O seu nome completo foi Lucio Claudio Casio Dión Cocceiano (en latín, L. Claudius Cassius Dio Cocceianus)(PIR2 C 0492). Tamén aparece escrito ao revés: Casio Dión.
  2. L'Année épigraphique 1971, 430 = Κλ΄ Κάσσιος Δίων. Roman Military Diplomas 1985, 133 = L. Cassius Dio. Algúns autores, baseándose na inscrición grega, argumentan que o seu praenomen foi Claudio, aínda que é posíbel que a "K" sesa un erro de transcrición ou interpretación.
  3. 3,0 3,1 García Quintela (1999), p. 18.
  4. Gowing, Alain M. (xaneiro 1990). "Dio's Name". Classical Philology 85 (1): 49–54. ISSN 0009-837X. JSTOR 269480. doi:10.1086/367176. 
  5. Menen 2011, p. 14, n. 48.
  6. 6,0 6,1 Menen 2011, p. 13.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Fontes primarias

editar
  1. Libros I–XXXV (Fragmentos). 2004. ISBN 9788424927288. 
  2. Libros XXXVI–XLV. 2004. ISBN 9788424927295. 
  3. Libros XLVI-XLIX. 2011. ISBN 9788424919535. 
  4. Libros L-LX. 2011. ISBN 9788424920968. 

Fontes secundarias

editar
  • García Quintela, Marco V. (1999). Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460-1015-1. 
  • Menen, I. (2011). Power and Status in the Roman Empire, AD 193-284 (en inglés). Leiden: BRILL. ISBN 9789004203594. 

Ligazóns externas

editar