Dena, Meaño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Santa Eulalia de Dena é unha parroquia do concello pontevedrés de Meaño. Ten 12 aldeas, nas que vivían 2.214 persoas (1.139 mulleres e 1.075 homes), segundo datos do padrón municipal de habitantes de 2016, o que representa un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 2.252 veciños, e 2005, cando eran 2.222.
Dena | |
---|---|
Concello | Meaño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°27′00″N 8°48′42″O / 42.45, -8.81166667 |
Área | 5,33 km² |
Poboación | 2.214 hab. (2016) |
Densidade | 415,38 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ó norte coas parroquias de Castrelo (Cambados), Padrenda e Xil, ó oeste coas de Vilalonga (Sanxenxo) e a ría de Arousa, ó leste coas de Xil, Meaño e Lores, e ó sur coa de Nantes (Sanxenxo).
Situada na parte baixa do concello, a parroquia de Dena é a de maior extensión e a única en contacto co mar. Os seus principais accidentes costeiros son as praias de Fianteira, Seixiño e A Chanca, esta última onde desemboca o río co mesmo nome dando lugar á ría de Dena. O accidente xeográfico de maior altura é o Monte Penaguda, con 156 m de altitude.
O paso da estrada comarcal C-550 permitiu un importante desenvolvemento socioeconómico da parroquia, especialmente do núcleo urbano, que está situado no paso da estrada pola rúa de Galicia (metade sur do lugar de Coirón e lugar de Dena), pola rúa Ponte Dena e polo lugar da Chanca. Neste núcleo é onde se congregan algunhas das máis importantes empresas da zona, así como un cada vez máis crecente sector de servizos.
Festas
editarO 19 de marzo celébrase San Xosé, o día do pai, sendo a primeira das festas do ano na parroquia. Antigamente celebrábase San Antón en xuño.
En xullo celébrase a festa de San Cristovo, sendo esta a festa de asistencia mais multitudinaria, coa súa tradicional procesión de automóbiles. Logo desta ofrécese aos asistentes sardiñas, chourizos, pan de millo e viño.
O 11 de decembro celébrase a festividade de Santa Eulalia, patroa da parroquia, e o día 13 do mesmo mes Santa Lucía, avogosa da vista. Pola proximidade de dúas parroquias que celebran Santa Eulalia (Xil e Nantes), a festividade de Santa Lucía ten mais importancia que a da propia patroa.
Galería de imaxes
editar-
Muíño do Remanso.
-
Dena no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
editarLugares de Dena
editarLugares da parroquia de Dena no concello de Meaño (Pontevedra) | |
---|---|
Abuín | Altamira | Ameiró | O Castro | Coirón | Dadín | A Eirexe | Morouzos | Ponte Dena | Os Seixiños | Vilarreis | Viliquín |