Das Cabinet des Dr. Caligari
Das Cabinet des Dr. Caligari é un filme alemán mudo e de terror, dirixido por Robert Wiene e escrito por Hans Janowitz e Carl Mayer que se estreou en 1920. É un dos máis influentes filmes do expresionismo alemán e un dos mellores filmes de terror do cine mudo. O guión está inspirado en varias experiencias vividas por Janowitz e Mayer, ámbolos dous pacifistas que desconfiaban da autoridade despois das súas experiencias vividas durante a primeira guerra mundial.
Das Cabinet des Dr. Caligari | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Das Cabinet des Dr. Caligari |
Director | Robert Wiene |
Produtor | Rudolf Meinert Erich Pommer |
Guión | Hans Janowitz Carl Mayer |
Intérpretes | Werner Krauss Conrad Veidt Friedrich Fehér Lil Dagover Hans Twardowski |
Música | Giuseppe Becce |
Fotografía | Willy Hameister |
Distribuidora | Decla-Bioscop (Alemaña) Goldwyn Distributing Company (USA) |
Estrea | 1920 |
Duración | 71 minutos |
Orixe | República de Weimar |
Xénero | Terror |
Orzamento | DEM 20.000 (estimado) |
Na rede | |
Sinopse
editarSentado no banco dun parque, Francis anima ó seu compañeiro Alan para que vaian a Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega ó doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ó día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ó doutor Caligari e a Cesare, a súa atracción somnámbula, que lle anuncia a Alan o seu porvir: morrerá ó día seguinte.
Personaxes
editar- Werner Krauss como Dr. Caligari
- Conrad Veidt como Cesare
- Friedrich Fehér como Francis
- Lil Dagover como Jane Olsen
- Hans Heinrich von Twardowski como Alan
- Rudolf Lettinger como Dr. Olsen
Sen creditar
editar- Rudolf Klein-Rogge como Criminal
- Hans Lanser-Rudolf como Home vello
- Henri Peters-Arnolds como Doutor novo
- Ludwig Rex como Asasino
- Elsa Wagner como Propietaria
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)