Década de 1820
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1820
- Artigo principal: 1820.
- 1 de xaneiro: O tenente coronel Rafael del Riego reponse contra o absolutismo nas Cabezas de San Juan (Sevilla), e proclama a Constitución de 1812.
- África: O xefe zulú Chaka conquista o territorio que se coñece como Natal.
- Descubrimento do campo magnético nas proximidades dunha corrente eléctrica por Oersted.
1821
- Artigo principal: 1821.
- 1 de marzo - México: Plan de Iguala, polo cal México debe formar un estado independente rexido por unha monarquía constitucional.
- 4 de xaneiro: A cidade de Piura no Perú declara a súa independencia do poder español.
1822
- Artigo principal: 1822.
América
- 24 de maio - Ecuador consegue a independencia de España despois da batalla de Pichincha.
- 26 de xullo - Encontro de Simón Bolívar e José de San Martín en Guayaquil.
- 7 de setembro - Brasil declara a súa independencia de Portugal.
Europa
- 13 de xaneiro - A Asemblea Nacional de Epidauro proclama a independencia de Grecia a respecto do Imperio Otomán.
- Abril - maio - Os turcos efectúan o masacre ou matanza de gregos na illa da Quíos.
- 24 de outubro - Apertura do Congreso de Verona (até o 14 de decembro). A Santa Alianza decide intervir en España para restablecer o absolutismo monárquico.
Ciencia e tecnoloxía
- 7 de abril - Fúndase en Buenos Aires a Sociedade de Ciencias Físicas e Matemáticas.
- 6 de xuño - Charles Graham patenta por primeira vez unha dentadura postiza.
1823
- Artigo principal: 1823.
- 1 de xaneiro - Arxentina: publicación do primeiro número de O Argos de Buenos Aires, que sinala unha nova etapa no xornalismo arxentino.
- 10 de setembro - Simón Bolívar nomeado presidente do Perú.
- 2 de decembro - James Monroe expón a doutrina que leva o seu nome establecendo a neutralidade dos Estados Unidos nos asuntos europeos e esixindo a súa reciprocidade.
- Fernando VII de España anula a Constitución de 1812 e restaura a monarquía absoluta grazas á intervención francesa dos Cen mil fillos de San Luis.
1824
- Artigo principal: 1824.
- 24 de febreiro - baixo a influencia do emperador Pedro I, o Brasil tórnase unha monarquía constitucional
- 9 de decembro - na batalla de Ayacucho, forzas do Perú derrotan as tropas españolas. Neste mesmo día, Simón Bolívar é proclamado emperador do Perú, e Ludwig van Beethoven presenta a súa Novena Sinfonía.
Arte e cultura
- Escena da matanza de Quíos, cadro de Eugène Delacroix.
1825
- Artigo principal: 1825.
- 1 de xuño - España: Créase en Segovia o Colexio Xeneral Militar con sede no Alcázar. Posteriormente estaría en Madrid e Toledo, até a súa supresión en 1850.
- 6 de agosto - Proclamación da independencia de Bolivia.
- 25 de agosto - O Uruguai declara a súa independencia do Brasil (en 1828 constitúese como estado).
Arte e cultura
- 12 de febreiro - Estrea da ópera Adelson e Salvini, de Bellini, no Teatro do Conservatorio di S. Sebastiano de Nápoles.
Ciencia e tecnoloxía
- Primeira liña ferroviaria do mundo no Reino Unido.
1826
- Artigo principal: 1826.
- O francés Nicéphore Niépce fai a fotografía máis antiga que se conserva: Vista dende a ventá en Le Gras (A cour du domaine du Gras), desde a ventá da súa casa en Le Gras, Saint-Loup-de-Varennes, Francia.
- 1 de abril - Samuel Morey patenta o motor de combustión interna.
Música
- 30 de maio - Estrea da ópera Bianca e Gernando, de Bellini, no Teatro San Carlo de Nápoles.
1827
- Artigo principal: 1827.
España: sublevación carlista en Cataluña.
Música
- 27 de outubro - Estréase a ópera Il pirata, de Bellini, no Teatro de La Scala de Milán.
1828
- Artigo principal: 1828.
Arte e cultura
- O escritor vivariense Nicomedes Pastor Díaz compón o poema galego "A Alborada".
1829
- Artigo principal: 1829.